Quantcast
Channel: A Nosa Historia
Viewing all 63 articles
Browse latest View live

O Carballo de Santa Margarida. O poder máxico das árbores galegas. Santuarios pagáns cristianizados na Gallaecia III

$
0
0

Ermida nuclear do tempo, nemeton humilde
que á brisa amena dos bos e xenerosos
se abriu,
como a anguria do río por chegar a descansar
ao beixo atlántico se abre.

Versos do poema O carballo de Santa Margarida “Matusalén de Pontevedra”de Adolfo Caamaño Vázquez, 2006.

O poder máxico dos carballos na Historia Clásica

A historia grega fálanos da máxica relación da árbore Quercus robur, o carballo, co deus supremo Zeus e a Deusa Madre.
Arredor dos 1200 a.C., en Dodona -localizado nos Montes Pindo da rexión de Epiro- no máis antigo oráculo[1] de Grecia, as sacerdotisas (e máis tarde sacerdotes) interpretaban a caída da folla do Gran Carballo do Bosque de Dodona coma os sinais e mandatos do deus Zeus. Recentemente a arqueoloxía datou dende o Neolítico a ocupación do santuario grego[2].
Xúpiter -o deus romano equivalente a Zeus- era adorado no Capitolio onde se atopaba o Carballo Sagrado.

O carballo era a árbore máis sagrada, era a árbore do raio, símbolo dos deuses Zeus e Xúpiter, que asumiron co tempo os atributos da fertilidade e abundancia que a deusa Madre recibía do Gran Carballo Sagrado de Dodona.

Apunta Alonso Romero queVirxilio di que, segundo as antigas crenzas, a raza humana naceu dos troncos das árbores (Eneida, 8, V, 315). Tamén Homero di que os homes proceden dos carballos e das rocas (Odisea, XIX, 163), igual que Juvenal, para o que o home naceu no oco dunha árbore: homines qui rupto robore nati (Sat., VI, 12; VIII, 155).[3]

Os celtas -coma os pobos xermánicos- consideraban ás árbores os únicos seres vivos  capaces de poñer en contacto o ceo coa terra a través da súa follaxe fortalecida pola luz do sol, e das súas raíces, nutridas pola terra[4]. Pola súa porte eran símbolo da divindade suprema coma eixe de unión de ceo, terra e inframundo, polo que nese punto a divindade expresaba a súa vontade nas decisións da asemblea, que tiñan carácter sacro-xurídico[5].
Maximo de Tiro, filósofo e viaxeiro grego do século II d.C. infórmanos de que a representación do deus supremo dos galos era un carballo[6].
San Bonifacio sobre o cotón do Carballo de Donar 
Para os pobos célticos tanto o carballo coma a aciñeira eran apreciados coma os pais das árbores sagradas, neles crecía o visgo, planta parasitaria considerada polos druídas tamén coma divina, era o único que se podía cortar co fouciño de ouro nos carballos sagrados. Plinio o Vello (23-72 d.C) relata como os galos establecen nas carballeiras as súas árbores sagradas e non practicaban ningunha cerimonia sen usar a folla do carballo sagrado[7].

Na relixión xermánica (á que pertencía o pobo suevo nos seus primeiros anos na Gallaecia) o Carballo de Donar(o deus Thor xermánico) ou do Trono era considerado a árbore sagrada dese deus que outorgaba a fertilidade e a forza. Era adorado por labregos e guerreiros campesiños. En Alemaña no século VIII d.C. había varios carballos consagrados ao deus Donar sobresaíndo o Carballo de Donar en Geismar, cerca de Fritzlar, que foi pinchado por San Bonifacio, simbolizando o comezo da cristianización dos pobos xermánicos de Alemaña.
Alonso Romero menciona que xa Tácito no século I d. de C. conta que para os xermanos os bosques e as árbores eran sagrados, pois en eles moraban os deuses. Para os semnones(a tribo máis famosa e antiga dos suevos) no bosque tivo a súa orixe a raza humana e en el dicían que vivía o deus supremo (Germania, IX, XXXIX). Na actualidade recórdase aínda nos contos populares de Saxonia (Alemaña) e Turinxia que «os nenos veñen das árbores» (Philpot, 1897: 72-75). [8]

O Carballo de Santa Margarida

Frei Martín Sarmiento
O Carballo de Santa Margarida é, dende séculos, un símbolo vivinte do máis profundo sentir galego. Tivo por veciño ao ilustrado frei Martín Sarmiento(1695-1772)    o seu grande valedor e insigne defensor da lingua galega que espallou un dos varios nomes que tivo o carballo; o Carballo da Portela[9]  na honra do Tío Marcos da Portela, xornaleiro dos seus pais no que se inspirou Sarmiento para escribir varias coplas costumistas en galego e que, un cento de anos despois, deu nome ao primeiro xornal integramente en galego dirixido por Lamas Carvajal, defensor de Galicia, da súa lingua, azoute do caciquismo e da emigración.[10]

O Pazo que se atopa enfronte do carballo foi construído pola familia de Frei Martiño Sarmiento quen se criou de neno xogando a carón do carballo. A súa sona inspirou uns versos do monxe ilustrado[11];
Santa Margarida
De Monteporreiro
Que ten o carballo
Maiore do reino.
Chamado tamén o Carballo do Padre Rábago–xesuíta e máis tarde confesor do rei Fernando VI-  por ser o que o defendeu dun intento de tala cara o ano 1740, aínda que parece que tamén tivo que impedir o linchamento por parte dos veciños do ladrón de árbores[12].
Cita Juan del Lérez (1864); … tosco e áspero asento á sombra do carballo nomeado como o Carballo dos Namorados.[13]
Durante a súa longa existencia librou unha chea de infortunios; salvouse dun temporal no 1824, dun furacán no 1886 e de incendios a finais do século XIX e no 1960[14]. Foi lugar de fusilamentos de persoas de ideoloxía política diferente ao réxime fascista do Xeneral Franco no 1936[15].

Baixo a sombra do carballo, en 1846, o infante Enrique de Borbón reuníuse con líderes progresistas galegos para trazar os últimos cabos do levantamento do 2 de abril baixo a consigna “Santa Margarida e Irmandade[16], feito que desembocou no alzamento da cidade de Pontevedra sumándose á Rebelión galega de abril de 1846 coñecida como Levantamento do Xeneral Solís e que rematou co tráxico episodio dos chamados Mártires de Carral.
Acto do Partido Galeguista no 1931 diante do monumento
aos Mártires de Carral

Dende o 1º de maio de 1902 -escasamente tres anos despois de que o Congreso ObreiroSocialista da II Internacional reunido en París instaurase o 1º de Maio coma o Día dos Traballadores- o Carballo de Santa Margarida é o lugar escollido para as reunións romeiras  e fraternais de obreiros e labregos da comarca pontevedresa. O 1º de maio de 1914 fíxose a romaría e colocouse a primeira pedra do edificio da Sociedade de Agricultores de Mourente.

A partir da constitución das Irmandades da Fala de Pontevedra polo ano 1916 o entorno do carballo convértese nun lugar referente para as súas reunións campestres[17]. Froito desas visitas, entre 1926 e 1929, Castelao, membro fundador das Irmandades de Pontevedra, publica en A Nosa Terra, voceiro da Irmandade, unha viñeta onde apunta en ton retranqueiro o senso máxico do Carballo dos Namorados, hoxe recollida no libro Cousas da Vida. Mulleres.

Dende tempos inmemoriais era costume estendida que as asembleas das tribos celebráranse nas carballeiras milenarias, a modo de exemplo: No sur de Roma atopábase o bosque sagrado Lucus Ferentinae (onde se encontraba a fonte sagrada Aqua Ferentinae) centro de reunión político-militar dos pobos latinos ata o ano 370 a.C.[18]. O nome de Lucus Augusti -a actual cidade de Lugo- refírese a un lucus(bosque sagrado en latín, e nome moi semellante ao da divindade pancéltica Lugda que se atoparon tres aras na cidade e outras tres na provincia) no que se instalou un campamento romano de conquista seguindo unha práctica habitual romana de guerra psicolóxica sobre a poboación indíxena rebelde. O bosque sagrado de Lucus Augusti sería un dos nemetons galaicos máis importantes da zona.  A Carballeira de Santa Susana de Santiago de Compostela, o chamado; Outeiro dos Poltros na Alta Idade Media  continuaba sendo na Baixa Idade Media lugar asembleario de todas as revoltas irmandiñas.
É por iso que no século XIX, o entorno do Carballo de Santa Margarida, aínda seguirá sendo lugar de asembleas e reunións das forzas populares; sitio de reunión da rebelión do 1812 e que un século despois estea documentado como marco das romarías do 1ª de Maio.
Banco de Pedra dos Namorados

Hoxe en día coñecida  maioritariamente polo Carballo de Santa Margarida, atópase diante da capela románica do século XII-XIII consagrada á santa mártir Margarida na parroquia de Mourente (Pontevedra). Posiblemente brotou dunha landra da súa nai, tamén sagrada, seguindo un costume dos pobos indoeuropeos que se perde no tempo. Ten entre 500-800 anos[19].

Carballo e capela formaban parte da que fora a Carballeira dos Gafos ou de San Lázaro, nesta carballeira atopábase dende tempos inmemoriais a Fonte de San Lázaro (chamada así polas persoas que tiñan a mesma enfermidade que San Lázaro; a lepra ou gafura como era máis nomeada na Galicia medieval).
Di a lenda que a fundación da capela no século XII-XIII foi debida ao agradecemento dunha dama portuguesa curada polas augas da fonte.
Fonte desprazada a carón do Pazo de Sta. Margarida


O profesor García Alén apunta que a carballeira rodeaba capela e fonte, cegos e gafos irían lavar as doenzas no pío da fonte que ata finais do século XIX estaba uns 50 metros ao este do carballo e que foi cambiada de posición[20]pola remodelación do antigo camiño de Castela –agora Rúa de Sta. Margarida-. Nunha finca próxima (sen precisar) apareceu un sartego antropomorfo de cronoloxía incerta (dende época sueva a Idade Media avanzada) [21], tamén se conta que o pío onde se lavaban gafos e cegos era o sartego que García Alén di que sobre os anos 40 do século XX atopábase nunha casa situada na encrucillada coa estrada a Monte Porreiro[22].


A tradición oral deixa coplas e cantigas recollidas por Ferro Ruibal que falan do poder extraordinario das augas de Santa Margarida;
Santa Margarida ten unha fonte con dous canos, con unha auguiña que lava tódolos males estraños.
Miña Margarida Santa; ca iauga da fonte lavei a miña garganta.
Pazo de Sta. Margarida onde viviu Martín Sarmiento

A carballeira que chegaba ata a carballeira da Pomba e ata  Os Campos, era zona de descanso de animais e arrieiros que traían cereais de Castela ou viño do Ribeiro polo Camiño Real de Castela antes de entrar na cidade de Pontevedra. [23]Esta sería unha das razóns pola que o Carballo era coñecido en toda Galicia. Pertencía -aló menos- dende o ano 1775 ao convento de Santo Domingo de Pontevedra.

A Carballeira dos Gafos, aparte das magníficas e saudables augas da fonte, posuía o extraordinario poder do carballo de diante da capela; todas as parellas que se sentaban diante do carballo casaban, non se separaban xamais e tiñan unha fecunda descendencia[24]. Dende 1910 chama a atención da cantidade de matrimonios que escollen a capela para casar[25].

Lavandeiras diante do Carballo.
Foto de Zapata en 1883
Coma árbore sagrada, ao Carballo de Santa Margarida non se lle podía golpear con aceiro, se unha póla rompía non se lle podía cortar, había esperar que caese.

O imaxinario popular fala de reunións, nas noites de lúa chea, das meigas da comarca arredor do Carballo . Do poder máxico e xusticeiro do Carballo de Santa Margarita fálanos a Lenda do Carballo de Santa Margarida recollida no Dossier sobre o Carballo de Santa Margarida do ano 1864 por Juan del Lérez dí así:

Conta a lenda que aos pes do carballo e baixo as súa pólas existía, dende tempos inmemoriais , unha Pedra chamada dos namorados onde os pretendentes efectuaban os seus votos, promesas e xuramentos, amen, de doces coloquios de amizade e cándidos amores. A humilde capela era practicamente esquecida por todos, ata o día da romaría. Entre as mulleres que acudían á romaría destacaba unha moza de dezaseis anos, toda dozura, pureza e modestia. Chamábase María e era filla dun veterano e inválido soldado que vivía nos arredores.
Un día a moza chea de dor foi á capela e, créndose soa, deixouse levar polo dor de corazón e comezou a chorar, sendo acougada por un xentil libertino de Valladolid, Juan Aguilera, coñecido sedutor de doncelas.
Capela de Sta. Margarida
Decatado, o pai de María morreu do desgusto. No funeral apareceu Luís, disfrazado de peregrino, un home que fóra enganado polas trasnadas do Aguilera que, cegado polo odio, trazou coa Sabia do Lérez(unha meiga de moita sona na comarca) un feitizo que causou a morte de María. Arrepentido e asustado polo tráxico final, Luís quixo fuxir e esconderse debaixo do carballo pero o cordón que levaba enredouse nunha rama do carballo e morreu aforcado.  A meiga, ante o espectáculo e aterrada polos berros dos corvos grallando, quedou prendida  polos cabelos na árbore e, invadida dun mortal susto, morreu en horrorosa agonía.
Moitos anos despois apareceu pola aldea un freire de grande sona que resultou ser Juan Aguilera que cheo de melancolía foi pasear polo val contemplando as pedras da casa onde vivira María, preso da desesperación amatoria, cando asomaba a lúa, lanzouse nun pozo do río, crendo ver no seu soño un fermoso val que o sol douraba, e a súa amada entre as flores.[26]

Recolle Filgueira Valverde as calidades do carballo que o facían famoso en toda Galicia, cita as xuras de amor, que as nais pasaban os nenos enganidos pola fenda do seu tronco. Os menciñeiros sabían moito das súas virtudes. Buscábanse nel as “pedras de raio” de poderes máxicos e sandables, (son os instrumentos de pedra prehistóricos, principalmente bifaces e que dicían se atopaban nas raíces das árbores). Pedíanse de moi lonxe follas e faíscas do seu follaxe. Os veciños non deixaban varealo para apañar as landras[27].

Deus Priapo na Capela de Santa Margarida

Canzorros na Capela de Sta. Margarida co carballo ao fondo. 
Non é difícil destapar unha divindade pagá da fertilidade oculta baixo a aculturación cristiá de Santa Margarida, Cesar Javier Palacios recolle; Herdeiro das árbores consideradas como elementos virís e fecundadores, non estraña que aínda as mulleres sen fillos encoméndense na capela de Santa Margarida, cuxo culto parece ser depositario destes antiquísimos ritos xurdidos arredor do carballo milenario[28].
Estes ritos, efectivamente, déronse na Carballeira dos Gafos ante o carballo sagrado consagrado á divindade pagá que estaría dende sempre no entorno de este bosque sagrado, o nemeton pontevedrés. 
Deus Priapo na zona norte da Capela de Sta. Margarida
Un canzorro que se atopa na zona da ábsida da capela, na parede lateral exterior que mira ao norte, presenta un busto de aspecto desgreñado, barbudo e deformado, que sorrí coa boca aberta, cun gorro frixio sobre a cabeza, sobresaíndolle por ambos lados dous cornos de chibo e cubrindo o peito cunha túnica ; son –excepto un desmedido falo- os trazos iconográficos do deus grego Priapo, deus menor rústico da fertilidade[29], de grande sona entre a poboación campesiña do Imperio Romano, considerado fillo de Dionisio (o Baco romano) e Afrodita (a Venus romana), en Roma presidía os xardíns e as plantas. Protector de rabaños de cabras, ovellas e, tamén, das abellas.
Fresco de Deus Priapo en casa de Vettii (Pompeia)

A súa función era garantir unha boa colleita, atraía a boa sorte co seu enorme falo en continua erección, símbolo de fecundidade, portador da boa sorte e defensor contra o mal de ollo.[30]Tamén había quen dicía que era fillo de Hermes (o Mercurio romano, deus dos camiños e da fertilidade)  as súas hermas,  fálicas coma as de Hérmes, protexían dos ladrós e do mal de ollo. Esa constante erección dará nome á enfermidade coñecida coma priapismo.
Coa construción da Capela consagrada a Santa Margarida a igrexa intenta a cristianización duns ritos luxuriosos (como veremos máis adiante) á vista das autoridades eclesiásticas.
Espiñario de Sta. Mª de Monterrei. Foto de D. Carlos Sastre (USC)
Pouco a pouco reconducen condutas e costumes cara uns ritos máis acaídos á relixión católica, mais como observamos en moitas igrexas románicas no país galego, o exterior do templo reflectirá a causa da súa cristianización, o inicio da aculturación dunha relixión pagá á cristiá. 
Segundo Moralejo os Espiñarios[31]e os Marcolfos[32]das igrexas galegas, coa súa teima de ensinar grotescamente os xenitais, poden ser unha evocación ao Deus Príapo[33].
  
Mercurio Priapo. Museo de Nápoles
Polo de agora e ata onde chega o noso coñecemento, o deus Príapo de Santa Margarida é o primeira proba artística en pedra da presenza do culto a esta divindade en Galicia.
Como veremos de seguido, en Ameixoada, San Martiño de Moaña, a 28 km da Capela de Santa Margarida, polos anos oitenta do século XX, Alonso Romero recolleu a tradición do Santo de Pau, investigación que vén corroborar a adoración ao deus Príapo na zona das Rías Baixas.
Antonio Reigosa na web Galicia Encantada xa apunta á remota presenza dun culto pagán nos ritos que se fan no Marco do Salto de Riba que fai de límite das parroquias de Iris, Laraxe e O Salto, no concello de Cabanas (A Coruña), son ritos semellantes aos do veciño Marco de SanLourenzo , en San Mamede de Laraxe, Cabanas, que buscan protexerse contra o mal de ollo e os meigallos.
Mais Luis Monteagudo, no 1965, xa recollera o costume deque as mulleres ansiosas de ter fillos daban cuadas e fregaban os xenitais contra oMarco do Salto…. Esta era práctica estendida entre as mulleres do Imperio Romano de invocar ao deus Príapo nos términus, marcos de termino co gravado fálico que representaban a Príapo[34]ou a Hermes (o Mercurio romano), deus das fronteiras ou os límites, tamén deus da fertilidade e deus dos camiños grego. 

Debido á extensión do artigo, recollemos as máis acaídas para este traballo.


O Gran Carballo da Carballeira de Remeirás

Hoxe desaparecido, no seu lugar hai un parque infantil e mesas para merendar.
A Carballeira de Remeirás atopábase no lugar de Ameixoada, parroquia de San Martiño de Moaña.

Carballeira milenaria de Sta. Susana (Compostela).

No mes de maio ao rematar os labores de labranza os labregos da comarca do Morrazo (Pontevedra) celebraban un baile na Carballeira de Remeirás co motivo da Festa dos Carballos. Os homes danzaban en cirolas en torno a un Gran Carballo Vello, dentro do cal, nunha fendedura da súa grosa cortiza, tiñan colocado unha rama da árbore con landras e un moneco tamén de carballo bastamente labrado, que dicían representaba ao Santo(sen especificar quen) e que mostraba un enorme falo. Nesta festa bendicíanse os carballos, daban grazas pola colleita e ofrecían rogativas para mellores anos. O baile realizábase ao son dunha gaita que tocaba uns dos campesiños subido a un carballo. Ao rematar a danza interviñan as mulleres que tamén bailaban en torno ao carballo, pero vestidas con traxe de festa.
Nos anos vinte do século XX foi atopada na Casa de Paxarín, próxima á carballeira, unha talla dun suposto santo, sen atributos sexuais, mais Alonso Romero recolleu testemuños de veciños que aseguraban que esa figura non era o santo verdadeiro, o antigo santo de Remeirás tiña un falo prominente[35]. De tódolos xeitos ningún cura puido precisar de que santo se trataba quedándolle de nome dende aquela; Santo Remeirás. Un párroco a mediados do século XX, canso da devoción ao Carballo Grande mandouno queimar.
Actual merendeiro de Remeirás
 Ata catro curas viviron na poderosa Casa de Paxarín dende o ano 1613 en que foi constituída como vínculo e morgado[36]é normal que nesa casa, podente e temerosa da ira do señor, aparecese un santo máis acorde coa teima cristianizadora.A partir do golpe de estado do ditador Franco a festa foi abolida, mais, en 1985 retomouse a celebración.

Afirma Alonso Romero que; ….non é difícil ver nesa antiga danza e no pau que representaba ao Santo, a evidente permanencia do vello culto al espírito xerador do deus Príapo, que tanto veneraban os antigos agricultores romanos, porque ademais, Príapo é fillo de dúas divindades gregas relacionadas coa fertilidade: de Afrodita e Dioniso. Nas imaxes que lle representan mostra un enorme falo, coma símbolo do seu poder fecundador. Por iso os campesiños adoitaban ofrecerlle as primicias dos froitos do campo....
Ídolo en madeira do deus nórdico Frei
…Un «santo de palo», parecido ao de Remeirás, consérvabase na sancristía da ermida de Santiaguiño do Monte, en Ermelo (Bueu, Pontevedra), a súa romaría celebrábase o
25 de xullo. Ata mediados do século XX, e despois da misa, algunhas mulleres entraban
dunha en unha na sancristía y collían dito santo de madeira, de aspecto claramente
fálico, para pasáresllelo polos xenitais coa esperanza de ser fértiles . …Un paralelo dese «santo de pau» atopámolo nos chamados “ homes de Pauxermánicos, que consistían en pequenas ramas da árbore coas que se representabadunha forma moi basta, a figura dun home cun enorme falo formado por unextremo do pau...[37]

O Carballo de San Fins de Cambeda

O Carballo de San Fins ou Carballo Santoatópase no lugar de San Fins en San Xoán de Cambeda (Vimianzo) é unha árbore centenaria maltratada pola indiferenza e agresións das diferentes administracións públicas que deberían protexela ( no 2004 fóronlle pinchadas varias ramas pola motoserra municipal[38]).


Carballo de San Fins 
Nos días da festa, 1 e 2 de agosto, xentes das comarcas limítrofes acércanse á romaría buscando os poderes sandables do Carballo, lévanlle sobre todo nenos herníaos ou con outras doenzas, a cerimonia consiste en esgazar unha póla sen desprendela da árbore, dar nove voltas co ofrecido de redor do carballo, logo curar a póla con lama ou terra e envolvela cun trapo; se prende a póla o doente sanda, se non prende; teremos que ir ao médico....
 Hai quen arrinca unha folla do carballo por cada volta que dá, pero este costume debeuno inventar algún despistado para non esquecer as voltas que levaba arredor do carballo. 
Carballo de San Fins tristemente encerrado
Aínda hoxe, de cando en vez, vense persoas que foron ofrecidas para sandar de graves enfermidades, rezar ante o Carballo Santo agradecendo á divindade a súa indulxencia.
Hai uns anos o Carballo Santo foi encerrado nunha finca particular que actualmente está alugada. Ningún veciño ou veciña de San Fins está de acordo con esta barbaridade, o carballo forma parte da aldea e é considerado de tod@s @s veciñ@s. 
Mais, os días da romaría o inquilino da propiedade abre a cancela para que todos poidan pasar a dar as nove voltas regulamentarias  ou simplemente observalo.  
O día que estivemos en San Fins non demos coa persoa da casa, mais a parella que custodia as chaves da capela tivo a deferencia de abrila para nós, a xente de San Fins évos moi comunicativa e agradable, dá gusto con ela. 


Carballo de San Antón en Vilar de Francos

Carballo de San Antón
En Vilar de Francos, Artes (Carballo), un carballo coñecido como o Carballo de San
Antón é considerado polos devotos como a representación do seu patrón,
a el acoden cada vez que necesitan a súa axuda sobrenatural, sobre todo para conseguir
parella ou fillos[39].
Coma recolle a web Galicia EncantadaSegundo a tradición, cando santo Antonio, o de Padua ou de Lisboa (1195-1231), peregrinou a Compostela celebrou misa neste lugar, onde había unha pequena ermida. Mentres o santo oficiaba, naceu debaixo do altar un carballo que co tempo, de tanto medrar, derrubou o edificio. 
A nova capela de santo Antonio construíse a carón e hoxe forma parte das dependencias do Pazo.
Pedras dos ofrecidos no Carballo de San Antón
Foto da web quepasanacosta
Conta a lenda que a ferida que presenta é consecuencia dun raio que lle caeu enriba pouco despois de morrer santo Antonio. E que as mozas namoradas van alí e poñéndose de costas tratan de introducir tres pedriñas no burato: hai quen di que abonda con meter unha, e outros din que son precisas sete. Se o conseguen, casan antes do ano. Se xa estivesen casadas, é que van ter un fillo. O mesmo ritual sirve para pedir un desexo calquera; de atinar, por cada pedra que se lanza cumprirase o desexado.
A tradición é ben explícita sobre o poder do carballo ante a cristianización do lugar.

Carballo do Santuario milagreiro de Santa Columba das Pías

Carballo e pía en Santa Columba
Foto da web Galicia Encantada
Atópase na parroquia de Codesoso no concello de Sobrado dos Monxes, forma parte do conxunto artísto-natural de carballeira e Fonte Santa presidido polo santuario consagrado a Santa Columba das Pías.
Na web Galicia Encantada, Xurxo Broz e  Cristina Vázquez fan un exhaustivo relato das propiedades curativas do conxunto: 
Este carballo presenta unha cruz gravada na súa codia, feita para sacralizalo e que ademais conta cunha pía ós seus pes. A tradición manda encher dita pía con auga da Fonte Santa (que ademais foi bendicida), e dar nove voltas ó redor do carballo e da pía, dándolle un bico ó tronco en cada volta para obter a curación dos males da reuma[40].


Carballo de Armada

Non moi lonxe de Santa Columba encontramos na parroquia de Cumbraos, Sobrado dos Monxes, o Carballo da Armada, contan que nel apareceuse a Virxee por iso se construíu a capela no século XVII. É evidente a necesidade que tivo a Igrexa de cristianizar un culto pagá á árbore.

Rematando…

Capela, canzorros e o novo Carballo de Santa Margarida
en crecemento
Todas as manifestacións culturais que a antropoloxía social galega rescatounos -sobre todo no século XX-  ritos e simbolismo arredor dos carballos sagrados que deitan un sabor inapelable a unhas relixións pagás que perduraron ata ben entrada a Idade Media.

É significativo que a finais do século VI d. C.,  San Martiño de Dumio, o asesorpolítico-relixioso do Reino Suevo de Galicia,  escandalizado polas prácticas pagás dalgúns dos seus seguidores, redacte a obra  De Correctione Rusticorum, onde dá un tirón das orellas aos rústicos galaicos para endereitalos; 

Cruz de San André na parede norte da Capela de Santa Margarida
E, ademais, numerosos son os diaños que, expulsados do ceo, presiden o mar, os ríos, as fontes e os bosques, as que os homes ignorantes do Deus verdadeiro lles fan sacrificios...." e continúa… "¿Velaquí qué clase de promesa e de profesión de fe tendes en Deus?... Pois acendedes velas xunto ás pedras, ás árbores, ás fontes e nas encrucilladas, ¿Qué outra cousa é senón o culto ao diaño?... Derramar gran e viño no lume e botar pan nas fontes...".[41].
Marcolfo na Catedral de Ourense
Polas palabras de San Martiño é notable a pouca incidencia das ensinanzas cristiás entre o mundo rural galego durante cerca de tres séculos, a xente segue adorando ás divindades que presiden as fontes, os bosques, as árbores…
A divindade da fertilidade vén operandona vella Gallaecia dende tempos ancestrais, bastante antes de que os lexionarios romanos pisaran por primeira vez este país. Eran os tempos dos numerosos nemetons galaicos e o carballo era a representación do deus supremo galaico, por iso era adorado e ante el practicábanse os ritos da fertilidade, a relixión romana asimilou a galaica e o deus Priapo colouse nos carballos, absorbeu o poder das pedras fálicas, dos menhires e dos marcos.  Onde se manifestaba a divindade da fertilidade dende tempos neolíticos, Priapo “vestiríase”  coma os ídolos fálicos do Castro de Elviña ou o de Vilapedre, e as festas na súa honra seduciron o gusto dos labregos galaico-romanos estendéndose o seu luxurioso culto polo rural galego.
Priapo e canzorro vexetal na parede norte de Sta. Margarida

Coa chegada do cristianismo, nuns casos con métodos expeditivos pinchando os carballos sagrados como no caso do Carballo de Remeirás ou no intento de tala por parte do alcalde e o párroco freado polos veciños nos anos oitenta do Carballo da Virxe de Teixeiro, outras veces suavizando e dulcificando as prácticas pagás ata baleiralas do seu sentido orixinal;  Priapo acabouse, mais a forza dalgunha árbore sagrada continuou ata os nosos días.
Cegos á porta da ermida. Castelao
O Carballo de Santa Margarida, logo de moitos anos de abandono e esquecemento por parte da Igrexa –propietaria, seica, do terreo sobre o que naceu- e demais administracións públicas, a finais do verán do 2017 -despois de anos de protestas de veciños e comuneiros - e a iniciativa do Concello de Pontevedra, foi posto en marcha un plan de conservación da árbore. Oxalá goce de igual sorte o Carballo de San Fins de Cambeda e quizás, algún día, todo o noso patrimonio, artístico, cultural e natural teñan uns representantes políticos que o defendan e promovan.

Ata sempre e bo proveito,
Autor: Celso Alberte Magariños Costas

Bibliografía

RODRÍGUEZ DACAL, C. O Carballo de Santa Margarida, Concello de Pontevedra, Pontevedra, 2006.
RIGUEIRO RODRÍGUEZ, A. Árbores senlleiras de Galicia, Universidade de Santiago de Compostela, Santiago de Compostela, 2015.
BALBOA SALGADO, A. A Galicia celta, Edicións Lóstrego, Noia, 2007.
GARCÍA QUINTELA, M. V. e DELPECH, F. El árbol de Guernica. Memoria indoeuropea de los ritos vascos de soberanía, Adaba Editores S.L. Madrid, 2013.
TORRADO CESPÓN, M e ALONSO ROMERO, F. El rito propiciatorio de la fecundidad humana en el entorno del antiguo alcornocal de San Ramón de  Bealo (Boiro, A Coruña), y otros testimonios de dendolatría. Revista Anuario Brigantino, 2015, nº 38, Pax. 91-110, Betanzos, 2015.
MONTEAGUDO GARCÍA, L. La cirugía en el Imperio Romano, Revista Anuario Brigantino nº 23, Betanzos, 2000.
MORALEJO ÁLVAREZ, S. Marcolfo, El Espinario, Príapo: Un testimonio iconográfico gallego, Universidade de Santiago, Santiago de Compostela, 1981.
CARIDAD ARIAS, J. Cultos y divinidades de la Galicia prerromana a través de la toponimia. A Coruña, Fundación Pedro Barrie de la Maza, 1999.
PIERRE GRIMAL. Diccionario de Mitología griega y romana. Editorial Paidós, Barcelona, 2010.
BROSSE, J. Mythologie des arbres, Édition Plon. París, 1989.
FRAZER, J. G. La rama dorada: Magia y religión, Fondo de Cultura Económica, México, 1951.
PIERRE COMMELIN, Mitología griega y romana. Editorial La esfera de los libros, Madrid, 2017.
BASTÚS Y CARRERA, V. J. Diccionario Histórico Enciclopédico, Tomo 4, Editorial Barcelona, Barcelona, 1828-1831.          
ELVIRA BARBA, M.A. Arte y mito. Manual de iconografía clásica, Silex Ediciones, Madrid,2008.



[1]                      Oráculo é o lugar ou santuario onde as sacerdotisas ou sacerdotes consultan e reciben resposta das divindades.
[2]                      https://es.wikipedia.org/wiki/Or%C3%A1culo_de_Dodona
[3]                      Pax. 106. Anuario Brigantino, 2015, nº 38
[4]                      Pax. 39. Los celtas.
[5]                      Pax. 8. El árbol de Guernika.
[6]                      Pax. 51. A Galicia Celta.
[7]                      https://www.um.es/eubacteria/revista-pdf/MagiaBosques.pdf
[8]                      Pax. 105. Anuario Brigantino, 2015, nº 38
[9]                      É sonada a copla; O Carballo da Portela ten a folla revirada que lla revirou o vento nunha mañá de xiada
[10]                    Pax. 190 e 193. O Carballo de Santa Margarida
[11]                    Pax. 174. O Carballo de Santa Margarida
[12]                    Pax. 187. O Carballo de Santa Margarida
[13]                    Pax. 189 e ss.. O Carballo de Santa Margarida
[14]                    Pax. 176 a 17180. O Carballo de Santa Margarida
[15]                    Pax. 195
[16]                    Pax. 181, 191 e 192. O Carballo de Santa Margarida.
[17]                    Pax. 198
[18]                    Pax. 95. El árbol de Gernika.
[19]                    Pax. 35. Árbores senlleira de Galicia.
[20]                    Hoxe en día atópase no muro dunha instalación comercial ao outro lado da estrada, case enfronte do Carballo.
[21]                    Pax. 64. O Carballo de Santa Margarida
[22]                    Pax. 189 e ss.. O Carballo de Santa Margarida
[23]                    Pax. 104. O Carballo de Santa Margarida
[24]                    Pax. 65-66. O Carballo de Santa Margarida
[25]                    Pax. 103. O Carballo de Santa Margarida
[26]                    Pax. 106-107. O Carballo de Santa Margarida
[27]                    Pax. 185. O Carballo de Santa Margarida
[28]                    Pax. 187. O Carballo de Santa Margarida
[29]                    Pax. 290. Arte y mito. Manual de iconografía clásica. 
[30]                    Pax. 290. Arte y mito. Manual de iconografía clásica
[31]  Imitacións da famosa estatua do Neno da Espiña (s. Id.C.). Trátase de ananos vestidos con túnicas que aparecen nos canzorros dalgunhas igrexas entre os séculos XII-XIII. Algúns deles amosan os xenitais, como o da Igrexa de Sta. Mª de Monterrei. http://elpasiego.foroactivo.com/t118p50-marcolfo-salomon-y-la-reina-de-saba
[32]  Marcolfo, personaxe de ficción do s. XII, foi un campesiño feísimo que coas súas preguntas puxo en xaque ao mesmísimo Rei Salomón.                Algúns tamén amosan as partes nobres, coma o da Catedral de Ourense. Hai outro na de Tui. http://elpasiego.foroactivo.com/t111p25-romanico-gallego
[33] Pax. 347. Marcolfo, El Espinario, Priapo. Un testimonio iconográfico gallego.
[35]                    Pax. 101. Anuario Brigantino 2015, nº 38
[36]                    http://bibliomoana.blogspot.com.es/2015/06/o-remeirascristianizacion-dos-ritos.html
[37]                    Pax. 101. Anuario Brigantino 2015, nº 38
[39]                    Pax. 98. Anuario Brigantino 2015, nº 38
[40]                    http://galiciaencantada.com/lenda.asp?cat=0&id=2561
[41]                    Pax. 9. Revista Nós nº97, ano 1932 Tomo V. De Correctione Rusticorum Traducción de Paulino Pedret Casado

Maroxo; da villae romana ao Pazo da Torre. A historia dunha parroquia galega. Primeira parte.

$
0
0



Maroxo é unha parroquia localizada no sur do Concello de Arzúa (A Coruña), o seu nome vén do topónimo medieval Marogio derivado do nome greco-romano Maro[1](na Roma imperial era un cognomen[2] moi común, o famoso poeta dos inicios do imperio romano Virxilio era coñecido como Publius Vergilius Maro) e o sufixo -gio, unha terminación recorrente para moitos nomes na Alta Idade Media en Galicia coma; Guntigio - Guntigia, EldigioEldigia, Ermigio,Erbigio, Pelagio (Paio), a veciñaPerogia (Peroxa)…..

As primeiras referencias escritas sobre Maroxo datan do ano 1025. Trátase de dous documentos, escritos en latín e complementarios entre si,extraídos do pergamiño 17 da Colección de pergamiños do Arquivo Histórico Universitario de Santiago de Compostela; un de doazón da Villae de Marogio[3]aos frades de  Ante Altaris (Mosteiro de San Paio de Antealtares de Compostela, daquela baixo advocación de San Pedro) polos domini(señores, nobres)   Suarius Ruderiquic[4] e Geloira [5]Ranimiriç(Suárez Rodríguez e Elvira Ramírez), e outro que trata do inventario das persoas que habitaban os casais ou lugares de dita villa:

(….)agora estamos con Suárez Rodríguez e Elvira, para obter unha clara, breve e completa relación territorial para non faltar á lei, aceptando de boa gana en sans condicións mentais  a villa, chamada Maroxo, que está en territorio deAveancos[6], dointeriore oexterior, dun lugar a outro, con todas as súas pertenzas e habitantes[7] (….)

Na Idade Media a condición de servo era hereditaria, este non podía abandonar a terra sen o permiso do seu señor. A diferenza principal dos habitantes ou servos das villas medievais con respecto a un escravo consistía en que, en xeral, non podía ser vendido ou separado da terra que traballaba. Por iso os señores de Maroxo fai o inventario dos homes na doazón ao Mosteiro de Antealtares.

Previamente dicir que o concepto de villa na Idade Media nada ten que ver co da actual vila urbana. As vilas medievais deben o seu nome ás villae de época romana (s. II-IV d.C.) que inzaron a Gallaecia.Orixinariamente tratábanse de explotacións rurais illadas pertencentes a grandes propietarios relacionados, normalmente, coa administración imperial romana[8], era unha vivenda rural que coas súas edificacións subsidiarias formaban o centro dunha grande propiedade agraria.
Mosteiro de Antealtares, Santiago de Compostela

O documento de doazón da villa–dominio[9] (villa entendida como posesión territorial rural dun só posesor, dun nobre) de Marogio amosa unha precisa información sobre os lindes naturais da antiga villa que corresponde, case exactamente, cos lindes da actual parroquia[10];

…quem dicunt Isso(Río Iso) sub Porto deFratres (Coto do Torrente) et feret ad ark(as) (?) kovas de Geria (Minas romanas de Covas e Ventorrillo )et vadit directo ad illam mamulam, que stat super Villam deVini(Mámoa que estaba por riba da Vila do Viño (Viñós))(sancto) / Migahele et inde ad mamulam maiore (Mámoa do San Migueliño[11])et feret in (?) as, quomodo dividit per kapanas natale et vadit ad fontano deAnnito (Rego Anido)et feret ad (?) / que dividet de Ballokaneset (Balocás, Santiso).
Capela da Fonte Santa
Os lindes da villa medieval diferían lixeiramente da parroquia actual no leste, onde unha mámoa –hoxe en día desaparecida- que se atopaba por riba da Villa de Vini (Viñós), a Fonte Santa e as Kovas de Geria (as minas de Covas e Ventorrillo) collían terreo a Brandeso e Viñós. No oeste a mámoa do San Migueliño, a 300 metros do cartel indicador do límite de Vilantime, marcaba o lindeiro que penetraba moi levemente na parroquia veciña.

Apunta López Alsina[12] que o excepcional dos documentos non é só que describe os lindeiros da villa, o que permite fixar a superficie en torno ás 650 Ha., senón que ademais descompón o dominio en 11 casais[13], curiosamente só un deses topónimos (nomes de lugar) consérvase hoxe en día, é o relacionado coa milagreira Fonte Santa, onde aínda se atopa a súa capelae, case enfronte, ten o magnífico Muíño da Fonte Santa.
Mamoa do San Migueliño

Pola súa importancia, traducimos a continuación do latín ao galego o inventario da propiedade cos seus servos. Para unha máis completa comprensión resaltamos en trazo groso os nomes dos campesiños, en cursiva e subliñado os nomes dos casais. Os de orixe sueva[14]en vermello, os latinos en azul, os célticos[15] en verde, os hebreosen amarelo e con nota ao pe de páxina o significado de cada nome ou topónimo:






Nova dos homes que habitaban na Villa de Maroxo cando foi doada a Antealtares
Ano 1025

Coñecemento das persoas que viviron e deron testemuño nos casais de Maroxo, fixo o reconto o señor dos que viñeran con el, estes son: Framilla[16] e Fram(ill?) / teñen casal en Gresulfi[17]. Garedoten casal na Fonte Sacratam (Fonte Santa). Tatane e Ermesinda[18] teñen casal en Quintanelas, Sandus[19] e Recesinda[20] teñen casal tamén en Quintanelis. Guillulfus[21] e Maria teñen casal en Barrio[22]. Riquoi e Ragoy[23] teñen casal en Trucesindi[24]. Cendon[25] e Sintiloteñen en Combarrio[26]. Trasulfo[27] ten casal en Sisvaldi[28]. Brandila[29]e Levegodo[30] teñen casal en La(¿). Ladredo[31]e Argentinateñen casal en Geicos. Vimaredo[32] e Argentinateñen casal no mesmo sitio.

Pero o extraordinario valor histórico destes documentos é que nos din cómo se chamaban os lugares, os señores (que tiñan nome e apelido), os servos (que só tiñan nome propio), a súa remota procedencia, cómo vivían, onde.... Moitos dos catorce lugares actuais moi posiblemente corresponderíanse con aqueles once medievais.
Mapa dos topónimos xermánicos (suevos, godos e vándalos)
na península ibérica extraído do libro; O comenzo da nosa Idade Media

O primeiro que chama a atención é a supremacía de nomes suevos, de 31 nomes entre topónimos e nomes propios que se recollen no inventario,  15 son de orixe sueva, 7 de orixe latina e 3 de orixe céltica. Este dato resalta moi claramente o que aconteceu  no pasado da comarca de Arzúa e na de Maroxo particularmente. Nese ano de 1025 os nomes suevos reflicten un pasado máis próximo que o romano e, por suposto, bastante máis que o céltico.

Os Celtas
Trebas galaicas
Efectivamente a cultura céltica ou castrexa queda moi lonxe no tempo (séculos VIII a.C. – I d.C.) , mais as súas pegadas seguen a notarse na disposición das terras de Maroxo, o Castro da Roda (ao contrario que no caso do veciñoBaiobre[33] non nos chegou o nome orixinal do castro) nunha pequena elevación do terreo a 389 metros de altura, no Pumar en Maroxo de Arriba, vixiaba toda a parroquia, tal é a súa posición estratéxica que polas noites do Apóstolo, as xentes de Maroxo subían ao castro a troulear e observar os fogos da cidade de Compostela[34]a 32 quilómetros de distancia en lina recta. A súa muralla -unha circunferencia case perfecta- sobresae na zona sur cunha altura de case catro metros. 



Os poboadores do castro pertencerían á treba dos Coporos que eran veciños da trebadosCeltigos Praesamarcos (celtas de embaixo do río Tambre). Controlarían os mesmos lindes que hoxe ten a parroquia dentro do prerromano Territorio de Aveancos.

Castro da Roda, Maroxo de Arriba
Guerreiros galaicos
No castro -sen escavar ata hoxe- vivirían de 150 a 200 persoas en 8 ferrados de terreo (aproximadamente 0,6 hectáreas) que se dedicarían ao cultivo do trigo, cebada, avea, fabas, chícharos, verzas.. tamén farían pan coas landras. De carne, por suposto; a de porco e tamén de cabra, ovella, vacún… a caza tería a súa importancia; o teixugo, xabarís e cervo eran os predilectos dos potes e grellas castrexas. Bebían auga e cervexa de fermentación dalgún cereal coma a cebada, trigo ou millo miúdo, ou con landras[35], o viño ata a chegada dos romanos non o probarían.

No plano relixioso adorarían a varias divindades, entre elas as que moraban na Fonte Santa, as que se adoraban no Santuariodo Viso  e, sen dúbida, aos deuses Breo, Brenus, Breogán, Bran ou Bandue e Coso que probablemente tería o seu santuario enfronte do castro, no entorno da igrexa, ao pe do camiño de Arzúa-Courium (Sardecoiro) . Baixo a protección de Bandue,  os guerreiros xoves do castro e dos castros veciños; Baiobre, Branzá, Brandeso, Dombodán, Vilantime…, cabalgarían xuntos na procura de golpes de rapina en territorios máis afastados.
Pero a chegada das lexións romanas alterará para sempre a vida e cultura dos habitantes do Castro de Maroxo.

Os romanos

Mapa As Vías Romanas de J.M. Caamaño Gesto. 1997
Mil anos antes da redacción dos documentos da Villa de Marogio, o exército romano, no proceso de conquista da futura Gallaecia,[36] constrúe a súa primeira vía de comunicación no noso país para a exportación de metais (estaño, cobre e ouro sobre todo), transporte de subministres e tropas; a VIA XIX de Braga a Astorga[37]. A escasos 5 quilómetros cara o sur da mesma, no entorno de Maroxo, as lexións romanas detectaron mineral de estaño[38], a 12 quilómetros cara oeste de Maroxo; cobre en Arinteiro (Touro) –tristemente famoso hoxe polo intento de reapertura da mina de Touro-. O cobre e o estaño ligados (nos castros tamén apareceu con chumbo) transfórmanse en bronce, o mineral máis prezado polos exércitos da antigüidade e a razón pola que os romanos instaláronse na comarca de Arzúa.  

Via XIX e XX segundo Cesar González
Ao igual que a veciña Villae de Antimi (Vilantime) , a orixe romana daVillaedeMaro (Maroxo) é indiscutible; as 14 minas romanas do entorno, (tres na mesma parroquia e  8 nas parroquias veciñas de Pantiñobre, Lema eViñós   ) e o propio nome romano dun tal Maro, dono e señor da villae delata unha explotación agro-mineira nas mans dun grande propietario (possessores)[39] seguramente ben relacionado coa administración romana. O novo propietario das terras de Maroxo, establécese no val, na zona mellor regada e máis produtiva do territorio -o que hoxe chamamos Maroxo de Abaixo- para a xestión e explotación da grande riqueza mineira da zona.
Cova de Remesil

Coa chegada dos romanos á Gallaecia o modo de vida da poboación indíxena cambia cos novos tempos, os castros que pola súa situación estratéxica atopábanse en zonas altas vanse abandonando paulatinamente e os seus habitantes ocupan os vales con enclaves abertos. Os vicus (aldeas romanas) e as villae[40]son agora o xeito de vida.

Plaustrum, carro de vacas romano antepasado do galego, Museo della Civilta Romana
O Castro da Roda en Maroxo de Arriba -o núcleo orixinal da parroquia de Maroxo- iría apagándose paulatinamente, os seus habitantes castrexos, sexa pola actividade mineira da zona, polas levas das lexións romanas, polas necesidades de man escrava da Villa de Maro ou por unha mellor condición de vida abandonan as cabanas do castro.
Cohors III Lucensium no Arde Lucus

A Villae de Maroxo, que se atoparíase no mesmo lugar onde se encontra hoxe en día o Pazo da Torre e a Casa Grande da Cima de Vila[41] -a propia denominación de Casa Grande da Cima de Vila indícanos que por alí estaría a villae-, precisaría do ben máis buscado polos romanos para a instalación das súas vivendas; a auga, o nome do lugar onde se enclavan o Pazo da Torre e a Casa Grande de Cima de Vila; Fonte da Vila, amosa quen era o manancial que proporcionaba a auga necesaria para a explotación.

Machados de bronce. Museo Quiñones, Vigo.
Esta villae deberiamos incluíla dentro das de tamaño medio do século III-IV d.C. – aínda que hai que ter en conta que se dan casos de ocupación das villae romanas en Galicia ata o século VI (Toralla, Noville) e na zona portuguesa ata o século VIII (Augas Santas en Barcelos, Ponte Lima)[42]- serían casas de campo cunha extensión non superior aos 500 metros cadrados, da mesma tipoloxía que a veciña Villa do Agro de Nogueira (Toques).  Non son villaetan luxosas coma as villae que se atopan na Galicia costeira (Noville, Moraime, Bares, Toralla, Tines…) pero sería un asentamento acomodado[43].  Nós inclinámonos a pensar que a villae romana e a posterior villa medieval atopábase na zona da Casa Grande de Cima de Vila, a presenza dunha pedrafita(quizás de adscrición prehistórica ou quizás marco medieval) diante desta edificación outorga, ao noso entender, máis papeletas á Casa Grande.
Pedrafita diante da Casa Grande Cima de Vila
ou Pazo dos Agra

Os estranxeiros romanos introducen o muíño romano, o arado romano, o plaustrum ou carro de vacas, as construcións a dúas augas e a tella, o horreum  (hórreo), as vías ou camiños de pedra, o liño, o viño…. e, sobre todo, impoñen as leis romanas e a súa administración.
Os deuses célticos pouco a pouco serán substituídos polos romanos; Coso por Marte, Lugpor Mercurio ou Apolo, Banduepolos Lares Viales,Hércules, Xano ou Mercurio, e quen sabe, quizais na Fonte Santa andarían Arentía, Edovioou Convertina que cos romanos serían substituídas polas ninfas …

Os suevos

Emigración dos suevos
Sobre o ano 410, un pobo xermánico, o suevo, ocupa a provincia romana da Gallaecia establecendo a súa capital en Braga dende onde se organizará oReino Suevo da Gallaecia , é o chamado Regnum Galliciense segundo a Historia Francorum de Gregorio de Tours (538-573)[44], o primeiro reino medieval de Europa e o primeiro reino en cuñar moeda propia.

O exército suevo está constituído por clans familiares que son vistos coma unidades militares, territoriais e de asentamento[45].  A súa práctica guerreira nos primeiros anos é o saqueo. Mais, os suevos son un pobo basicamente agrícola e gandeiro e pasou a  tomar posesión dunhas terras mediante unha fórmula que debeu ser un terzo ou a metade das mesmas[46].

A partir da sinatura do acordo de paz (431) entre a igrexa galaica ( Hidacio), o Imperio Romano (Aecio) e o Reino Suevo (Hermerico), fréanse as incursións depredatorias no interior da Gallaecia, os suevos aséntanse no territorio galego e convértense en possessores, ocupando terras dos grandes propietarios, abandonadas ou propiedades públicas, …sabemos que as terras do alto Sil foran distritos mineiros na época romana e moi posiblemente terras fiscais do Imperio, esa condición pública permitiría a súa transferencia aos monarcas suevos. [47]

Os suevos chegaron pola autovía da época; a romana VIA XIX á comarca de Arzúa e, seguindo a lóxica de actuación no alto Sil, faríanse coa totalidade, a metade ou un terzo das terras e minas dos galaicos-romanos da zona. O bronce e o ouro seguen a considerarse minerais moi prezados para o exército e as clases podentes, son polo tanto os primeiros obxectivos de botín de guerra, é lóxico que os clans suevos se fagan co seu dominio.
Mapa Arzúa séculos I a. C. ao V d. C.

Nos primeiros anos do século V a actividade nas minas de Arzúa seguiría dando froitos para os novos propietarios. No entorno da maltratada Cova de Tremedalde Maroxo (hoxe oculta por toneladas de lixo) os arqueólogos constataron a existencia dun asentamento de época medieval – moi posiblemente un dos casais aos que se refire o documento-inventario de Maroxo- o que corroboraría a actividade mineira na zona anos despois da chegada dos suevos.
Mapa de Europa s. V d.C. do libro O comenzo da nosa Idade Media

Non sabemos se as villae de Maro eAntemi pasarían a mans dos bárbaros do norte, pero sabemos que un terzo dos casais nomeados no documento da Villa de Maroxo tiñan nomes (hoxe desaparecidos) suevos.
A cantidade de antropónimos (topónimos de nomes propios) suevos que aínda hoxe sobreviven no concello de Arzúa testemuñan que as minas e o seu entorno en Dombodán (Gramil[48], Remesil[49], Gomesende[50], Dombodán[51], Brandariz[52]), Rendal (Castromil[53], Guldriz[54], Rendal[55]) e Viladavil  (Friosende[56]) puideron ter propietarios xermánicos. Nas parroquias de San Estevo do Campo e Dodro tamén temos exemplos de topónimo suevos como Ramil[57], Goimil[58],Samil[59], Rourís[60],Bosende[61]
Topónimos xermánicos (suevos, godos e vándados)
na península ibérica

O historiador italiano Paulo Diacono (720-800) anotaba que no seu tempo aínda chamaban a moitos lugares co nome de aqueles que os habitaban, aludindo concretamente aos suevos[62], coma podemos ver, eses nomes, en Arzúa, chegaron ata os nosos días.

Paulo Orosio xa no 417 escribía;
…despois disto, os bárbaros, de continuo aldraxados, converteron as súas espadas en arados, e os romanos que subsisten trátanos como aliados e amigos, de xeito que se atopan entre eles algúns que prefiren vivir no medio dos bárbaros en pobre liberdade, a manter a preocupación dos tributos entre romanos
Corrobora este texto o noso arado cuadrangular (a grade), en uso ata ben entrado o século XX, trátase do arado que introduciron os suevos, é o arado dos países xermánicos. Non se utilizou en  ningún outro lugar fóra deses países a non ser nas terras do reino suevo da Gallaecia.[63]
A grade galega foi introducida en Galicia polos suevos
Os suevos traerán tamén consigo os seus deuses; Wodan , equivalente ao Odín nórdico, deus da clase guerreira, e Donar, o Thor vikingo, deus dos campesiños armados.


A época medieval dos documentos de Maroxo. O Rei de Galicia, O Conde de Aveancos e os Señores de Maroxo


Asina e confirma o documento de Maroxo, entre outros, o futuro rei Vermudo III(Veremundus[64]serenissimus princeps[65]),que tiña daquela 8 anos e era neto do rei Vermudo II (Regnante Veremudus rex in Galezia[66], O Gotoso, 982-999) quen, coa axuda de nobreza galega, amotinárase contra o rei Ramiro III de León sendo proclamado rei en Santiago de Compostela no 982.
Vermudo fillo de Afonso e a súa sinatura no Tumbo A
da Catedral de Santiago de Compostela

O fillo de Vermudo II, Afonso V (Adefonsi Galicienssis regis[67], O Nobre, 999-1027), foi criado en Galicia polo conde, duque e rexente galegoMenendusGundesalviç (Menendo ou Mendo González), señor de Tui e Porto, fundador do Mosteiro de Guimeráns, parente de San Rosendo, emparentado cos reis de Galicia dende os tempos de Ordoño II, era ao mesmo tempo; Conde de Aveancos, segundo texto do ano 1007 recollido no Tumbo A da Catedral de Santiago e confirmado polo propio Rei Afonso V[68].

Vermudo III (O Mozo 1027-1037) era fillo de Afonso V, a súa nai era Elvira Mendo, filla do propio Dux de Galicia e Conde de Aveancos, MenendusGundisaliu[69], titor do seu pai e o seu outro avó.
Afonso V. Tumbo A

Semenus Gundesalviçque tamén confirma o documento de Maroxo seguramente é un descendente do Conde de Aveancos. Vermudo III pasará os primeiros anos de reinado en Galicia, a maior parte en Santiago onde debeu asinar o documento de Maroxo. Vermudo III morre na batalla de Tamarón o 4 de setembro de 1037 loitando contra o conde de Castela, o futuro Fernando I, primeiro rei castelán que gobernaría en Galicia e León.

Coma podemos ver eran anos convulsos, anos de enfrontamentos da nobreza galega coa castelá e leonesa polo poder económico e político. Anos onde o Condado de Castela loita contra o reino de Galicia pola coroa galega.

Son os anos do desenvolvemento da cadea feudo-vasalática,[70]das relacións de vasalaxe da nobreza entre si e coa realeza, os señores de Maroxo débenlle obediencia ao Conde de Aveancos e este ao rei. Segundo unha carta do ano 1007 recoñécese a Mendo González como o grande conde que posúe toda a terra de Galiza. O Condado de Aveancos, naqueles anos dirixido polos fillos do Conde Mendo González, Diego e Ramiro, formaba parte pois da cúspide do poder nobiliario en Galicia e tratábase coa realeza ao máis alto nivel. 
Crego, nobre e servo

Suarius Ruderiquic e Geloira (non confundir con Rudericus e Geluira[71]irmán e cuñada do Bispo Sisnando II de mediados do s. X) como señores e propietarios de terras e homes da villa (agora xa medieval) de Maroxo fan doazón aos monxes e monxas do mosteiro de Antealtares (daquela era un mosteiro dúplice[72]) de toda a villa -con terras e homes- coa intención de pasar os últimos días da súa existencia na compaña e coidados dos servos de Cristo (os mosteiros eran as residencias de maiores de elite  daquela época).

É moi significativo que coma cláusula do contrato de doazón insistan e incidan no seu desexo de doazón de tódolos bens da villaao Mosteiro de Antealtares baixo pena de; excomunigatuset segregatuscum Iuda Christitraditorem aveant participationemin eterna damnatio[73]a todo aquel que intente crebar a vontade dos doantes. Esta fórmula é moi común nos documentos galegos de doazón da época,[74]debido á teima da nobreza familiar, laica ou eclesiástica por facerse cuns poderosos bens que, ademais, lle soen caer lonxe aos agraciados.
Igrexa de Santa. María de Maroxo

Por experiencia e como grandes propietarios, Suariuse Geloira xa se viran citados con anterioridade en preitos sobre propiedades de terras. Nun documento do ano 1001 do Mosteiro de Sobrado dos Monxes sobre un Concilia(asemblea xudicial) en Pezobre(Santiso) , tamén no Territorio Abeancos, Lucidus Quiriaci quere facerse co control dunha parte da Villa Bidualdi en contra dos intereses do Mosteiro de Sobrado,Lucio indica que posúe un legado que outorgaba unha licenza que tiña dos señores RodericuseGeluira a través das súas propias escrituras,[75]feito, tamén, que nos dá unha idea do poder económico destes nobres na súa época.

Mais a cláusula do documento de Maroxo non foi moi efectiva. No ano 1089, sesenta e catro anos despois, un edito do Rei Afonso VI (chamado polo papa Urbano II; Regi Ildefonso Gallitia[76]) prohibe que se faga forza ao Mosteiro de Antealtares no seu couto de Maroxo[77], proba palpable de que ao mosteiro cústalle manter as súas propiedades de Maroxo. Este é un documento importante, xa non se considera a Maroxo coma unha villamedieval, coa súa autonomía, agora trátase como un couto, un conxunto de terras e aldeas que pertence ao territorio señorial do Mosteiro de Antealtares. 
Maroxo de Arriba

Poucos anos despois, no 1096, outro documento indica que un clérigo en Santa María de Maroxo, en Abeancos, recusa a un xuíz que coñecía o preito que viña mantendo con Antealtares polo beneficio de Maroxo e outros bens[78]. Se se nomea a Santa María de Maroxo e, se había beneficio eclesiástico, habería un oficio que impartir, ou sexa que podemos deducir que nese ano xa había unha igrexa en Maroxo, seguramente de estilo románico onde está a actual. Tamén deducimos que o clero secular tamén intentaba rapinar bens da herdanza de Maroxo.
Amencer dende o Castro da Roda, Maroxo de Arriba

 Máis tarde, no 1149, aparecerá nomeada, nun documento de doazón, coma lindeiro da granxa dos monxes de Sardecoiro, a hereditate de Marogio. No mesmo documento recóllese o nome do camiño de Maroxo dende Arzúa a Sardecoiro;  per illa via de Marogio[79].

O couto de Maroxo é unha herdanza en mans dos monxes de Antealtares, son as chamadas “mans mortas” tan difíciles de manter no mundo feudal, polo que no ano 1194, o rei Afonso VIII (Adefonsus Dei Gratia Rex Legione et Galecie[80] ) toma baixo a súa protección o Mosteiro de Antealtares para que ninguén cause dano aos seus bens, coutos e igrexas[81].

Ilustración Cantigas Afonso X

Noutro documento do Mosteiro de Antealtares do ano 1295 xa se cita a igrexa de Santa María de Maroxo, recollendo o nomeamento do clérigo Xoán Fernández para dita parroquia[82].
Aínda no 1309 o mosteiro de Antealtares loita xudicialmente polos seus ben de Maroxo; Sentenza ditada por un xuíz pola que se dispón a adxudicación ao Mosteiro de Antealtares do patronazgo e dezmos do terzo da igrexa de Santa María de Maroxo.  


As minas, as súas lendas e relatos de mouros


Cova de Remesil
 As lendas e a información sobre as minas que recollemos da veciñanza das Covas e Ventorrillo (Kovas de Geria?) en Ventorrillo (Viñós), Remesil (Dombodán) e na Cal, Fonte da Vila e San Migueliño de Maroxo falan ás claras da importancia que ata hai moi pouco tiñan as covas ou minas da zona:
Na Cova de Remesil, nos primeiros anos do s. XX, os veciños facían catas “afeccionadas” para intentar extraer o bronce e ouro que os seus antepasados dicían que contiñan.
Nos anos 40 do século vinte foi escenario dun triste suceso. Un veciño da zona que cometera un asasinatona parroquia refuxiouse na Cova de Remesil, a garda civil soubo que a nai do malfeitor leváballe comida á cova, polo que intentaron obrigalo a saír do xacemento, pero a escuridade, as pozas de auga e a amplitude da mina xogaban a favor do escapado. Logo de varios días sen novas del souberon que se pegara un tiro coa escopeta de caza[83].  
Cova do Ventorrillo

A mina de Covas e Ventorrillo -que no documento-inventario de Maroxo ten que tratarse das Kovas de Geria- tiña varias bocas de entrada. Por zonas ten galerías onde se pode poñer de pe unha persoa o que da idea da importancia da veta que debeu ter o xacemento. Na época da guerra civil, seica foi acubillo de fuxidos ou guerrilleiros do bando republicano[84].

En Maroxo a principios do século XX había un cura, Don José Vellón Torrón- que seica preparaba un bebedizo con po de ouro, recollido no Pozo Negro, na Cova do Tremedal ou na da Ponte das Taboas,[85]para curar todo tipo de enfermidades, sobre todo, as dores estomacais. Esta práctica non era nada desatinada para a época, no século XIX, tivo moita aceptación o po de estaño para curar afeccións estomacais, en concreto usábase para liquidar as lombrigas nos nenos, é moi posible que o cura José Vellón tivese coñecemento disto.
Río Carracedo cara o Iso á altura da Fonte Santa
Deste peculiar párroco tamén se di que usaba o po extraído das campás da igrexa para evitar que as mulleres que non querían quedaren embarazadas.[86]José Vellón Torrón, era un home de bo corazón e xenio de moito perigo que a súa bondade non era quen de ocultar. Chegou a poñer escola na súa casa para os rapaces da parroquia, aos que traía libros, lapis e cadernos sen cobrar nada a ninguén.
Amencer na Mámoa do San Migueliño
É sabido pola veciñanza que a mina do Pozo Negro -ao pe do río Iso, en Seixas de Abaixo, enfronte do Fabal de Viñós- estaba encantada polos mouros, logo de baixar polo pozo o que se interna profundamente na mina pode chegar a observar unha enorme grade de ouro, lamentablemente todos os que a sacaron fóra convertíaselle nun sinxelo madeiro.  Disque se es unha persoa con sorte, e te acercas á cova de noite, poderás escoitar como os mouros tocan unhas campaniñas moi melodiosas dentro do xacemento[87]. Esta mina non está catalogada no PXOUM do Concello de Arzúa pero curiosamente é a máis lendaria da parroquia de Maroxo. O seu acceso non é sinxelo e disque hai que baixar primeiro polo pozo (hoxe anegado de auga) e logo seguir pola galería da cova ata dar coa grade de ouro.
                                                                              
Tamén embaixo da Mámoa do San Migueliño seica hai unha cova que ten unha trabe de alcatrán e outra de ouro e se se xuntan prodúcese unha explosión enorme[88].
Cova Tremedal co acceso prohibido

 A Cova de Tremedal, como diciamos arriba tivo que estar operativa ata entrada a Idade Media, o asentamento medieval, seguramente un casal que se recolle no texto de inventario, así o certifica. Urbana Agra, da Casa de Baltasar[89], ten escoitado contar algo sobrenatural sobre esta cova pero non recordaba os detalles da lenda.

Continuará.....
e sobre todo: Ata sempre e bo proveito
                      Autor: Celso Alberte Magariños Costas

Bibliografía

·         BUJÁN RODRÍGUEZ, M.M. Catálogo Archivístico del Monasterio de San Payo de Ante-Altares, Consorcio de Santiago, Santiago de Compostela, 1996.
·         LUCAS ÁLVAREZ, M. El archivo del Monasterio de San Martiño de Fora o Pinario de Santiago de Compostela. Tomo I. Ediciós do Castro, Sada, 1999.
·         LUCAS ÁLVAREZ, M. Tumbo A de la Catedral de Santiago, Edita Seminario de Estudos Galegos, Santiago de Compostela, 1998.
·         DURANY CASTRILLO, M. e RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, M. C. El obispado de Astorga en el primer tercio del siglo XI: de Jimeno a Sampiro. SEMATA, Ciencias sociales y humanidades, vol.15, pax. 187-222. USC. Santiago de Compostela, 2003.
·         LOSCERTALES DE G. DE VALDEAVELLANO, P. Los tumbos del Monasterio de Sobrado de los Monjes. Tomos I e II. Ministerio de Educación y Ciencia, Madrid, 1976.
·         MARQUÉS DE LA ENSENADA. Catastro del Marqués de la Ensenada, Madrid 1753. 
·         LÓPEZ ALSINA, F. La ciudad de Santiago de Compostela en la Alta Edad Media, Consorcio de Santiago – USC, Compostela, 2013.
·         VASCO DE APONTE. Recuento de las casas antiguas del Reino de Galicia, Consellería de Presidencia, Xunta de Galicia, Vigo, 1986.
·         CRESPO POZO, J.S. Blasones y Linajes de Galicia, Editorial de los Bibliófilos Gallegos, Santiago de Compostela, 1957.
·         VARIOS. Enciclopedia Galicia. Heráldica, Xenealoxía e Nobiliaria, Tomo LVI, Hércules de Ediciones, A Coruña.
·         VARIOS. Terra de Melide, Edicios do Castro, Sada, 1978.
·         MARTÍNEZ BARBEITO, C. Torres, pazos y linajes de la provincia de A Coruña, Ediciones Everest, León, 1986.
·         RODRÍGUEZ PALMEIRO, I. A hombros de gigantes. La Casa de Bascuas y su relación con la vieja nobleza medieval de Galicia (siglos XV-XVI), Fundación Española de Historia Moderna, Madrid , 2016. http://digital.csic.es/bitstream/10261/133570/1/III%20Encuentro%20J.Investigadores_Valladolid_2015_pp.55-64_Rodr%C3%ADguez_Palmeiro.pdf
·         PRESEDO GARAZO, P. A fidalguía galega, Edicións Lóstrego, Obre (Noia), 2008.
·         SAAVEDRA FERNÁNDEZ, P. Das casas de morada ó monte comunal, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1996.
·         PÉREZ COSTANTI, P. Linajes Galicianos 1596, Consorcio de Santiago, Santiago de Compostela, 1998.
·         HERMIDA RODRÍGUEZ, A. Escorzo mellinense de la Casa de Altamira, Boletín do Museo Terra de Melide nº 2, Melide 1983.
·         HERMIDA RODRÍGUEZ, A. Los Ulloa y Mellid. Siglo XV, Boletín do Museo Terra de Melide nº 1, Melide 1982.
·         LÓPEZ FERREIRO, A. O Castelo de Pambre, Editorial Xuntanza, Laracha, 1990.
·         VÁZQUEZ VARELA, J. M. e GARCÍA QUINTELA, M. V. A vida cotiá na Galicia castrexa, USC, Santiago de Compostela, 1998.
·         RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, A. Las fortalezas de la Mitra Compostelana y los Irmandiños, Fundación Barrie de la Maza e Instituto P. Sarmiento de Estudios Gallegos, Santiago de Compostela, 1984.
·         ARIAS VILAS, FELIPE. A romanización de Galicia. Edicións A Nosa Terra, Vigo, 1992.
·         BERNÁNDEZ VILAR, X. O comezo da nosa Idade Media, Editorial Toxosoutos, Noia, 2003.
·         PENA GRAÑA, A. Cátedra 21. Revista eumesa de estudios, pax. 91-156. Pontedeume, 2014.http://catedra.pontedeume.es/21/catedra2104.pdf
·         RODRÍGUEZ RESINO, A. Do Imperio Romano á Alta Idade Media, Editorial Toxosoutos, Noia, 2005.
·         DÍAZ MARTÍNEZ, P.C. El reino suevo (411-585), Editorial Akal, Madrid, 2011.
·         LÓPEZ TEIXEIRA, X. A. A formación do Reino de Galiza (710-910), Editorial Toxosoutos, Obre (Noia), 2010.
·         LÓPEZ CARREIRA, A. O reino medieval de Galicia, Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2005.
·         PALLARES MÉNDEZ, M.C. e PORTELA SILVA, E. De la villa del siglo IX a la aldea del siglo XIII. Espacio agrario y feudalización en Galicia. Revista Asturiensia medievalia nº8, pax. 47-69. Oviedo, 1996.https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=134092
·         PALLARES MÉNDEZ, M.C. e PORTELA SILVA, E. La villa por dentro. Testimonios galaicos de los siglos X y XI. Revista Studia Histórica. Historia Medieval Vol. 16, Universidad de Salamanca, Salamanca, 1998.http://revistas.usal.es/index.php/Studia_H_Historia_Medieval/article/view/4452
·         VILLARES PAZ, R. La propiedad de la tierra en Galicia (1500-1936), Siglo XXI Editores, Madrid, 1998.
·         BALIÑAS PÉREZ, C. Gallegos del año mil, Fundación Barrie de la Maza, A Coruña, 1998.
·         MACHADO, J.P. Dicionário Etimológico da Língua Portuguesa, Livros Horizonte, Lisboa, 1977.
·         DIETER KREMER. Onomástica galega II, Anuario galego de Filoloxía, USC, Santiago de Compostela, 2009.
·         BOULLÓN AGRELO, A. I. Antroponímia Medieval Galega SS. VIII-XII, Editorial Mouton de Gruyter, Berlín, 2017.
·         ENRIQUE FLOREZ, Tomo 19, España Sagrada, Madrid, 17702-1773.
·         VARIOS, Tomo XIII, Diccionario de las ciencias médicas, por una sociedad de los más célebres profesores de Europa, traducido al castellano por varios facultativos de esta corte, Imprenta de Mateo Repullés, Madrid, 1823.
·         CASTIÑEIRAS, M.A. Os traballos e os días na Galicia Medieval, USC, Compostela, 1995.
·         CONCELLO DE ARZÚA. Catálogo de patrimonio arqueolóxico e histórico do PXOUM, 2006.
·         INFORMACIÓN SOBRE TOPÓNIMOS SUEVOS:
·         http://frornarea.blogspot.com/ 
·         INFORMACIÓN SOBRE A NOBREZA DO CONDADO DE AVEANCOS: http://museodaterrademelide.blogspot.com/p/boletins.html



[1] Pax. 68. Diccionario Etimolóxico da Língua Portuguesa, Tomo IV
[2]Nome propio co que se coñecía á persoa
[3] Pax. 422. La ciudad de Santiago de Compostela en la Alta Edad Media
[4] O nome de orixe suevo Ruderiquicque remata co sufixo riquic, ricus, de “RIKZ”, que significa rei. http://www.celtiberia.net/es/biblioteca/?id=2133
[5] Nome suevo moi común só nos documentos do Mosteiro de Sobrado dos Monxes. De “GELL” fermosa. Derivou no nome de Elvira.  
[6]O territorio medieval de Aveancos(topónimo céltico ) é unha demarcación xeográfica de orixe prerromana. A parroquia de Santa María de Maroxo, a nivel eclesiástico, segue a pertencer á Terra de Abeancos e está englobada no Arciprestazgo de Abeancos da Diocese de Lugo. A nivel civil a parroquia pertence ao Concello de Arzúa, provincia da Coruña.
[7] Pax. 423. La ciudad de Santiago de Compostela en la Alta Edad Media. Traducido do latín polo autor.
[8] Pax. 176. El reino suevo
[9] Pax. 206. La ciudad de Santiago de Compostela en la Alta Edad Media
[11] Visitamos a mámoa con Ramón Bascoy, veciño do San Migueliño, el contounos que a lenda di que debaixo da mámoa hai unha cova que ten dúas trabes unha de ouro e outra de alcatrán e que se se xuntan prodúcese unha explosión e arden.
[12] Pax. 212-213. La ciudad de Santiago en la Alta Edad Media.
[13] O casal era a vivenda e pendellos (xeralmente de madeira)  máis unha pequena extensión de terra que tiña o servo para a súa subsistencia.
[14] Aínda que o tradicional en moitos autores é tratar coma xermánicos os nomes propios dos diferentes pobos que ocuparon a península ibérica, na Gallaecia estivo asentado o pobo xermánico dos suevos, por iso trataremos os seus nomes coma suevos, para máis información; Pax. 69 e ss. O comezo da nosa Idade Media.
[15] https://frornarea.blogspot.com/2009/05/territorio-pestomarcos.html
[17] De “GRIS” terrible + “WULF” lobo http://www.celtiberia.net/es/biblioteca/?id=2133
[18] De “ERMEN” Grande, magno, universal.
[19] De “SANTH”, auténtico, veraz http://www.celtiberia.net/es/biblioteca/?id=2133
[20]De “REK”- “RIK”, poderoso, rico
[21]De “WILIA” voluntarioso + “WULF” lobo http://www.celtiberia.net/es/biblioteca/?id=2133
[22] De “BAR” auga. Exemplos; Barbanza, Baroña, Baralla,.. e Bar e Trasbar en Branzá (Arzúa)
[23]De “RAGI + OI” Ragioy, Ragoy  Conselleiro.
[24]De” TRUHT” Retén, exército, Tructesindus http://www.celtiberia.net/es/biblioteca/?id=2133
[26] Do tema *Camb e *Camp: "Curva" + “Bar” auga
[27]Trasuulfi: de Trasulfus (Thras + wulf) "Lobo Combativo"http://www.celtiberia.net/es/biblioteca/?id=2133
[28]De Sisualdus, con sufixo” WALD” Poderoso, gobernante, rei http://www.celtiberia.net/es/biblioteca/?id=2133
[29]De “BRAND”, espada es masculino.
[30] De “LEOBE” amada + “GUT” deus http://www.celtiberia.net/es/biblioteca/?id=2133
[31] De “LAT”, lameira http://toponimiafoz.blogspot.com/ 
[33]De *Bad-yo-bris 'Castro Dourado' (PIE *badyos 'amarelo, pardo', Oxford: 334) ou de *Bāg-yo-bris'Castro das faias' (PIE *bhehaĝós 'faia', Oxford: 112), ou de *Bāg-yo-bris 'Castro da Loita' (PIE *bhegh-, IEW: 115 e Falileyev s.v. bagos-). Cf. Irlandês antigo bāg 'combate', buide 'dourado'.https://frornarea.blogspot.com/2011/12/brigs-e-briga-ii.html
[34] Información recollida de Urbana Agra do Pazo de Agra.
[35] Pax. 85. A vida cotiá na Galicia castrexa.
[39]Pax. 60. El reino suevo.
[40]Pax. 16. la villa por dentro
[41] Coñecida pola veciñanza como a Casa de Baltasar ou Pazo de Agra.
[42] Pax. 174 Do Imperio Romano á Alta Idade Media
[43] Pax. 173 e ss. Do Imperio Romano á Alta Idade Media
[44] Pax. 157. O comezo da nosa Idade Media
[45] Pax. 105. El reino suevo
[46] Pax. 72. O comezo da nosa Idade Media
[47] Pax. 156. El reino suevo.
[48]De Granamirus (Gran + mir). De “Gran” contra, cara a, outra vez + “Mir” fama, renome. https://frornarea.blogspot.com/2008/11/proto-germnico-wira-contra-cara-outra.html
[49]De Remisilli (Remis + ildi). De “Remis” paz, tranquilidad + “Hildjō” loita, combate.  https://frornarea.blogspot.com/2008/11/proto-germnico-wira-contra-cara-outra.html
[50]De Gomesendus (Gum + swinth). De “Gum”home, varón + “Swinth”
[52] De Brandericus (Brand + ric). De “Brand” espada + “Ric” rei.
[53] De Vistremirus (Wistr + mir). De “Wistr” occidental + “Mir” fama, renome. 
[54]De Guldericus (Wulth + ric) "Rey Glorioso" 
[55]De Randarius (Rand + hari). De “Rand” escudo + “Harji”exército.
[56]De Fredosendus (Fred + swinth) "Fortaleza de la Paz"
[57] De Ranemirus (Rand + mir). De “Rand” escudo + “Mir” fama, renome. 
[58]De Gaudemirus (Gaud + mir).
[59] De Salamirus (Sal + mir). De “Salaz” casa, aposendo + “Mir” fama, renome.  https://frornarea.blogspot.com/2011/10/sa.html
[60]De Rodoricus (Rod + ric). De “Hroth” fama, renome + “Ric” rei. 
[61]De Badosindus (Bada + swinth): "Forza na Batalla" 
[62] Pax. 158. El reino suevo.
[63] Pax. 95. O comezo da nosa Idade Media.
[64]De Werimunduz, Protector dos homes. De “weraz”, home + “munduz”, protección. https://frornarea.blogspot.com/2009/07/antroponimia-sueva-iii-de-v.html
[65] Pax. 423. La ciudad de Santiago de Compostela en la Alta Edad Media.
[66] Pax. 239. O Reino Medieval de Galicia.
[67] Pax. 234. O Reino medieval de Galicia.
[68] Pax. 143 e 144. Tumbo A Catedral de Santiago.
[69] Pax. 143 e 144. Tumbo A Catedral de Santiago.
[70] Pax. 321. O Reino medieval de Galicia.
[72] Pax. 36. Tomo 19. España Sagrada.
[73]“sexa apartado e excomungado e reciba o castigo da eterna condenación con Xudas traidor de Cristo
[75]Pax. 167. Tumbo Sobrado.
[76] Pax.230. O Reino Medieval de Galicia
[77] Pax. 532. Tomo I. Archivo San Martiño de Fora o Pinario
[78] Pax. 660. Tomo I. Archivo San Martiño de Fora o Pinario.
[79] Pax. 185. Tumbo Sobrado.
[80] Pax. 225. O Reino Medieval de Galicia.
[81] Pax. 538. Tomo I. Archivo San Martiño de Fora o Pinario
[82] Pax. 543. Tomo I. Archivo San Martiño de Fora o Pinario
[83] Información recollida de David Mato do Ventorrillo.
[84] Información recollida de David Mato do Ventorrillo.
[85] Información recollida na Casa de Jose Conde, Muiñeiro da Fonte Santa en Viñós.
[86] Información recollida na Casa do Xordo, A Cal, Maroxo.
[87] Información recollida na Casa de José Conde, Muiñeiro da Fonte Santa en Viñós, corroborada por David Mato do Ventorrillo.
[88] Información recollida na Casa de Bascoy no San Migueliño.
[89] Tamén coñecida como Casa Grande de Cimadevila, Pazo de Agra ou Casa de Gumersindo.

Maroxo, da villae romana ao Pazo da Torre. A historia dunha parroquia galega. Segunda Parte

$
0
0


Aldeíña de Maroxo
de lonxe parece vila
Ten un caravel na entrada
e unha rosa na saída

Poema popular recollido da voz de Urbana Agra Pardo da Casa de Baltasar

Cabaleiros, Igrexa e os Ulloa




Diego García de Ulloa, irmán de Sancho Sánchez
de Ulloa. Sepulcro de Vilar de Donas (Palas de Rei)
Foto de A Ulloa en fotos
A partir do século XIV agroman os cabaleiros no Reino de Galicia, especialmente na Terra de Santiago. Son eses nobres bravos e guerreiros, de helmo e armadura, vestidos de pes a cabeza de relumbrantes armas.[1]A súa vontade é lei. As guerras de rapina entre a nobreza son o caldo de tódolos días. Quen ten máis terras e vasalos ten o poder. As torres de defensa e control do territorio inzaban o país galego. Aínda hoxe en día temos centos delas en pe testemuñando eses toleiráns tempos medievais. A maioría en lamentable estado de conservación.

 Pouco a pouco a nobreza faise coas posesións eclesiásticas implantando a encomenda. A presión dos cabaleiros sobre o clero da os seus froitos, dende 1330 ata o século XV a Igrexa de Santiago e os mosteiros de San Martiño Pinario e San Paio de Antealtares comezan unha política de aforamentos a favor dos cabaleiros que prevalecen en cada zona.[2]Son as encomendas forzosas que ata facían abades dos mosteiros a membros das familias nobiliarias.

É nese proceso de expansión da grande nobreza galega cando a poderosa Casa dos Ulloa, liñaxe nobiliaria galega moi antiga emparentada cos Condes de Traba -con casa matriz en Vilamaior (Comarca da Ulloa)-  faise co Condado de Abeancos e por conseguinte co dominio do Couto de Maroxo
Escudo dos Ulloa no Hospital de Leboreiro
Foto de Abeancos.gal
Neste tempos os Ulloa chegaran a ter a cesión do Castelo de Grobas (Melide) que pertencía ao Arcebispado compostelán.

Os mosteiros ven minguados os seus ingresos, pero a peor parte lévaa o campesiñado, o pequeno clero, artesáns e mercadores, os coñecidos irmandiños que son esmagados para pagar máis tributos e, mesmamente, atracados e asasinados polos cabaleiros, esa clase dominante con sede irrefreable de máis poder e riqueza.



A Batalla do Porto de Bois. Os Seixas e os Irmandiños


Mais no 1371, a Casa de Ulloa liderada por Gonzalo Ozores de Ulloa (quen ordenou construír arredor do 1375 o Castelo de Pambre) perderá as súas posesións do Condado de Abeancos a consecuencia da Batalla de Porto de Bois (Palas de Rei),  última contenda en territorio galego da guerra de sucesión entre os medio-irmáns Enrique II e Pedro I, o derrotado.
Porto de Bois

Con Pedro I aliárase a alta nobreza galega (os Castro, os Ulloa, ..), a coroa de Portugal -o rei Fernando I chegou coas súas tropas ata a Coruña-, Inglaterra  e os concellos das vilas máis importantes; Tui, Baiona, Lugo, Compostela, A Coruña…

 Con Enrique II de Trastamara -antigo condado da casa galega dos Traba- estaba o arcebispado de Santiago e alto clero galego, a nobreza media galega (Andrade, Moscoso, Osorio, Seixas…), a práctica totalidade dos nobres castelás e Francia.

Pedro I morrera a mans do seu medio irmán Enrique II de Trastamara na batalla de Montiel no 1369. Nese ano Fernando I de Portugalentrara coas súas tropas dende Tui ata A Coruñarecibindo o apoio dos concellos galegos, mais a rápida reacción das tropas castelás dende Zamora e o apoio das forzas francesas fan recuar ata Porto (Portugal) a Fernando I.
Armaduras séculos XV-XVI. Palacio Real (Madrid)


Pese a firmar a paz Fernando I e Enrique II no 1371, na primavera dese ano os concellos da Coruña (con tropas portuguesas aínda acantonadas na cidade), Tui, Lugo e, sobre todo, Compostela, comezan a revolta contra a coroa de Castela.

As tropas da causa galego-portuguesa dirixidas por Fernando Ruíz de Castro (da Casa dos Castro e III Conde de Lemos) emprenderán batalla en Porto de Bois, na comarca da Ulloa, nun tramo intermedio do Camiño de Santiago entre Palas de Rei e Melide, un territorio disputado polas dúas casas nobiliarias máis fortes e antigas da Galicia interior; Os Ulloa no bando galego-portugués e os Seixas no bando castelá. Fernando de Castro acabará derrotado[3]e a Casa da Ulloa perderá terras e encomendas a favor da Casa das Seixas. Co triunfo a nobreza media galega e o Arcebispado de Santiago aseguran terras e poder no territorio de Abeancos.
Castelo de San Paio de Narla (Friol) da Casa das Seixas

Os territorios do norte do Ulla caeran en mans de Don Vasco Gómez das Seixas señor da Casa e Castro das Seixas e Casa e Fortaleza de San Paio de Narla.
 É nese ano cando podemos asegurar que a Casa dos Seixas arrebata o Couto de Maroxo á Casa de Ulloa.

Mais no ano 1401, pouco antes de facer testamento, Gonzalo Ozores de Ulloa xa tiña recuperado parte do territorio usurpado polo Seixas[4].


No ano 1440, o fillo de Gonzalo Ozores de Ulloa, Lope Sánchez de Ulloa (pai de Sancho Sánchez de Ulloa) arrebátalle aos Seixas varias terras en Abeancos entre elas os coutos de Rendal e Vilantime,[5]non obstante, o couto de Maroxo non se cita en ningún documento da época, enténdese que segue en mans da Casa das Seixas, polo que supoñemos que dende este momento a Casa das Seixas débelle vasalaxe aos Ulloa. Como veremos máis adiante o couto de Rendal tamén seguirá en mans da Casa das Seixas.
Irmandiños na Exposición Alba de Gloria de Castelao

Esta situación de guerra perpetua e rapina continuada afecta tremendamente a vida da nacente burguesía e o campesiñado e desemboca na Gran Revolución Irmandiñade 1467-1469.  No Territorio de Abeancos, o Castelo de Melide– pertencente ao Arcebispado de Santiago- será o primeiro en caer en mans dos irmandiños, logo seguiríanlle a totalidade das torres señoriais agás o Castelo de Pambre dos Ulloa.
En este encomedio levantouse toda a terra coa Santa Irmandade, en tanto que nunca deixaron fortolleza en todo o reino de Galiza. Et esto foy por la maa vivenda dos caballeiros que non fazian senon furtar et roubar[6].
Hospital Sancti Spiritus (hoxe Museo Terra de Melide)
Reedificado por Sancho de Ulloa coas pedras do Castelo de Melide.
Escudo dos Ulloa á esquerda, escudo dos Castro dereita
Foto de Abeancos.gal

Mais, logo da derrota dos Irmandiños na comarca da Ulla, xurde unha especie de coalición de intereses comúns nas casas nobiliarias galegas do interior que provoca a represión dos dirixentes da Revolución Irmandiña a cargo dos señores da Ulloa, Seixas, Bolaño… Pero esta represión sería co tino que marcara o Conde de Lemos; cando Pedro Pardo de Cela aconsellara a este encher os carballos de vasalos o Conde respondéralle que non ía vivir dos carballos.
 A Casa dos Ulloa dirixida por Sancho Sánchez de Ulloa[7]e apoiado polo agora seu vasalo Vasco das Seixas con dez homes a cabalo e o servizo de dez escudeiros[8], faise con case a totalidade das propiedades do Territorio de Abeancos.



O Conde de Altamira

Arcebispo Alonso de Fonseca II
Pero eran tempos moi convulsos e Sancho Sánchez de Ulloa (Conde de Monterrei), partidario dos Reis Católicos e aliado do Arcebispo Alonso de Fonseca II, preitearán e guerrearán en 1470 contra Lope Sánchez de Moscoso(sobriño de Sancho Sánchez de Ulloa e primeiro Conde de Altamira en 1475) polas terras do Arcebispado, as de Ulloa e Abeancos arrebatándollas este; ao seu tío Sánchez de Ulloa saldando así o vello preito familiar, recóbralle as terras de Aveancos[9].

Mais a nobreza é a nobreza, o Arcebispado, os Ulloa e os Altamira co arbitrio dos Reis Católicos chegan a un reparto dos bens onde o Arcebispado leva a mellor tallada seguido do Conde de Altamira. Os Ulloa, coma o resto da gran nobreza galega, tomarán o rumbo de Granada da man dos Reis Católicos, apouséntanse na corte do reino de Castela e pouco a pouco perden a súa importancia e influencia sobre das comarcas galegas.

No 1554a parroquia de Santa María de Maroxo xa aparece como adscrita aoseñorío do Condado de Altamira[10]na Xurisdición de Boente.
Mapa das Xurisdicións da Terra de Arzúa no Antigo Réxime
Gráfico cedido por Manuel Lamazares. Casa da Eirexe

A Casa das Seixas pasará a renderlle vasalaxe ao Conde de Altamira e seguirá mantendo as súas propiedades en Maroxo.

Torres do Conde de Altamira (Brión)
Comeza un camiño que, a modiño, leva á nobreza ao abandono das armaduras, agora esta clase dirixente centrarase en espremer o traballo dos seus vasalos e os veciños de Maroxo veranse na obriga de preitear coa nobreza para defender os seus dereitos adquiridos durante moitos anos de loita antiseñorial.
De 1588, temos documentación rescatada da Real Audiencia de Galicia dun preito dos veciños de Maroxo contra os merinos de Boente e Abeancos (nomeados polo Conde de Altamira e con ampla xurisdición no territorio) polas estivadas dos montes comunais[11].
Os veciñ@s de Maroxo -coma os veciños de Pela e Montelongo (Vilantime) hai máis de douscentos anos   - defenden a propiedade comunal dos seus montes.


A fundación das Casas de Maroxo e Bascuas



Aínda que dende o ano 1371 o Couto de Maroxo era de propiedade da liñaxe dos Seixas, a Casa de Maroxo e a Casa de Bascuas (Rendal) foron fundadas oficialmente nos primeiros anos  do século XVI por Vasco das Seixas e Soutomaiorseñor da Casa e Castro das Seixas e Casa e Fortaleza de San Paio de Narla[12] e a súa muller Teresa Catalina González Bolaño e Ribadeneira, señora dos Coutos de Damil e Femil.
Fortaleza de San Paio de Narla da Casa das Seixas (Friol)
No 1526, o primeiro ocupante dos bens sería o seu fillo Luís das Seixas e a muller deste, Leonor Gómez de Ventosa, que aportaba propiedades na Castañeda, casas na vila de Melide, bens e foros en San Pedro de Vilantime, propiedades e foros en San Xoán de Visantoña, o lugar de Vilar de Ferreiros, terras, lugares e casais en Santo Cristovo de Pezobre, lugar e casal en Liñares (Santiso), casal e lugar de Reboredo(Niñodaguia, Santiso), o lugar e casal de Marín na freguesía de Santiago de Xubial[13], …
Castelo de Pambre da Casa dos Ulloa á que lle rendía
vasalaxe a Casa das Seixas


Antes de continuar temos que advertir que ata o ano 1870, coa implantación do Rexistro Civil, no Reino de Galicia a nobreza poñía aos seus fillos os apelidos que lles parecían máis bonitos ou respectablese que eran costume no seu liñaxe, por iso dous irmáns non adoitaban ter os mesmos apelidos.  Esta é unha das razóns pola que investigar as xenealoxías de certas casas nobiliarias sexa tan enredado.

Sobre o 1551 herdou os títulos Pedro Bolaño das Seixas  (fillo de Luis das Seixas), señor das Casas de Bascuas, Montouto e Maroxo (segundo documento-copia das partillas da herdanza de Luís das Seixas, eran da súa propiedade;  todas las casas y heredades que se dizen de Marojo[14]), posesor do lugar e casal de Brandeso, das terras de Rendal, casas na vila de Melide, de Santa Comba de Doroño…, que casou con María Álvarez de Quiroga da Casa de Quindimil (Palas de Rei) do liñaxe dos Varela[15]que repartirían a Casa de Bascuaspara o seu fillo Fernando das Seixas e Bolaño que casou con Francisca Pimentel e Sotomaior[16]e a Casa de Maroxo para o seu outro fillo Pedro BolañoRibadeneira que arredor do 1621 casaría con Dominga López de Saavedra.[17]E non para Jorge das Seixas Bolañocomo recollen erroneamente a Enciclopedia Galicia[18]e Martínez Barbeito[19].
Dependencia Castelo de San Paio de Narla da Casa das Seixas

Aquí sepáranse as casas de Bascuas e Maroxo. Mais a Casa de Bascuas seguirá posuíndo moitas terras e casas en Maroxo como nos ilustra o documento de dote da filla de Fernando das Seixas[20]e son testemuña os veciños que recordan, aínda nos anos 70-80 do século XX, coma Santiago Seixas Ladrón de Guevara da Casa de Trigás (Rendal) -casa que provén da matriz Casa de Bascuas- vendera unha importante cantidade de propiedades que lle tocaran en herdanza na parroquia de Maroxo.

A verdadeira historia da Casa de Maroxo


Podemos considerar a Pedro Bolaño Ribadeneira, fillo de Pedro Bolaño das Seixas e neto de Luis das Seixas, como o primeiro señor da Casa de Maroxo.
Pedro Bolaño Ribadeneira, edificaría o Pazo da Torre de Maroxo sobre o ano 1630 falecendo no 1661.
O seu fillo e herdeiro Fernando Varela das Seixascasa con María Bermúdez Figueroaestablecendo a súa residencia na cidade da Coruña.

Documento-copia da creación do
Vínculo da Casa de Maroxo
Polo que se deduce do documento de creación do Vínculo[21]da Casa de Maroxo, este sucesor, escudeiro real, debeu desentenderse das súas herdades da Casa de Maroxo durante os seus anos na Coruña. Así que no 1668, ante a perda de propiedades da Casa de Maroxo (…bienes que han dejado cavalleros ricos y poderosos..[22]), Fernando Varela das Seixas, escribán da súa maxestade, primeiro receptor da Real Audiencia do Reino de Galicia, veciño da Coruña[23]e a súa esposa  María Bermúdez Figueroa, quen parece proceder dos descendentes de María Pita crean o primeiro vínculo[24]da Casa de Maroxo que posuía a Casa da Torre de Cima de Vilaco Agro da Penela, Agro de Carril Vello, Prado do Medio…, tiñan tamén unha casa no lugar do Allal, outra no Escalleiro, outra que foi de Pedro González da Cal na esquina da fonte….

 O fillo de Fernando Varela das Seixas,Francisco Antonio de Bolaño Ribadeneira, recibíu o vínculo de Maroxo, pero era presbítero (cura párroco das igrexas de Santa Maria Salomé e San Fiz de Solovio da cidade de Compostela) e non tivo descendencia polo que herdou no ano 1718o vínculo Josefa Theresa Bolaño Seixas e Ribadeneira, a súa irmá, que casou con Andrés Montero del Villar procurador de número da Real Audiencia da Coruña, veciño da Coruña.[25]Estes cederon as propiedades aos colonos Andrés Villar, Francisco Bolaño – que tiña en cesión a Casa da Torre- e Andrés do Souto para a xestión dos bens de Maroxo[26].
Arquivo do Reino de Galicia, entidade que acolle o
Fondo documental do Pazo de Bieite e da Casa de Maroxo

Maroxo de Arriba
En 1718 Andrés Montero e Josefa Bolaño agregan ao vínculo da Casa de Maroxo a mellora de casas en Fondo de Vila (Fondevila) e no Penedo ambas en Maroxo de Abaixo, a granxa de Fontenla (Burres) e rendas de terras en Burres, Bustelo (Brandeso), Piñor (Meire, Melide) e Ferreiros. Estes señores de Maroxo tiveron dous fillos relixiosos, Francisco e Fernando Montero que non tiveron descendencia[27].

Ao non ter sucesores  Josefa Threresa Bolaño, herdou o vínculo de Maroxo no 1755Feliciana Concheiro Bolaño, nada en 1727 en Visantoña, descendente da filla de Pedro Bolaño Ribadeneira, que casara con José Barreiro Rodríguez de Andrade, dono das casas de Ferreiros e Dúas Casas, sendo herdeiro o seu fillo Andrés Barreiro Bolaño.

Maroxo de Abaixo
Foto cedida por Conchi Fernández Segade
Andrés Barreiro Bolaño de Bieite, nado en 1750 na Casa da Torre de Ferreiros, fillo de Feliciana Concheiro e José Barreiro, veciño e residente no Pazo da Torre de Maroxo, tiña cinco anos cando os seus pais mudáronse a Maroxo, herda os bens da Casa de Maroxo[28]no 1775 e  desposa (por poderes) en 1782 a Juana Moscoso e Verea(1758-1797) do Pazo de Bieite(Boimorto).
Agrega bens nas Mariñas, o Pazo de Sendelle e o Pazo de Biete (Boimorto) pola parte da súa muller e  a Casa da Torre de Ferreiros (O Pino) e a Casa deDúas Casas (hoxe chamada A Rúa) no Pino por parte do seu pai.

Masusao, Maroxo
Andrés Barreiro exerceu diversos cargos de carácter público, entre eles foi xuíz da xurisdición de Boente, ao casar estableceu a súa residencia no Pazo de Biete[29], pasando os bens do Pazo da Torre de Maroxo (que tiña 14 chaves) a ser xestionados por caseiros, comezando o declive da Casa de Maroxo e da saga dos Barreiro que foran donos de extensas propiedades nas terras de Arzúa, Boimorto, Santiso e O Pino, chegando a ser propietarios dos  terreos do Campo da Feira de Arzúa e Centro de Saúde de Arzúa. Andrés Barreiro finou antes do 1816.

O Pazo da Torre ou Casa da Torre de Cimadevila


A partir do século XIV daquela vila medieval deMarogio herdeira da vila romana de Maro pouco queda -exceptuando a ordenación do fértil territorio e os seus casais agora chamados lugares-.
Casa da Torre ou Pazo da Torre de Maroxo

Horreo da Casa da Torre de Maroxo
Moitas foron as casas-torre espalladas pola Galicia interior. Estas casas fortes consolidáronse ó longo do S.XV.Eran vivendas acomodadas que contaban con torres de pedra destinadas a diversas funcións. Moitas veces funcionaban como centrosadministrativos ou xudiciais, ou ben controlaban as vías de comunicación, este sería o caso da Torre de Maroxo, que reformada cun sobrio estilo barroco a principios do século XVII, seguiría realizando a súa función de centro de poder e granxa predominante no entorno que, ademais, controlaría o antigo camiño que levaba a Sardecoiro (Couriumnos comezos da Idade Media).


Algunhas delas foron destruídas durante as revoltas irmandiñas[30], feito que non se pode desbotar para Maroxo, sabemos que dende a doazón da vila medieval ao Mosteiro de Antealtares os reis de Galicia tiveron que avogar varias veces pola súa integridade territorial (ver entrada anterior). No ámbito da revolución irmandiña é moi posible que os campesiños de Maroxo sentíranse moito máis lexitimados sobre as terras que traballaban que as sagas nobiliarias de Ulloa e Seixas que serían vistas coma foráneas e usurpadoras polos campesiños.
Fonte da Vila a carón do Pazo da Torre de Maroxo

O mesmo nome da Casa da Torre de Cimadevila indícanos a súa orixe sobre terreos da antiga vila. Construída polos Ulloa ou polos Seixas, chegados os tempos procedeuse a construír o pazo sobre os seus cimentos, mantendo a estrutura da torre na ala este, onde é posible que orixinalmente estivese o brasón da estirpe familiar.

A partir do século XVII o Pazo da Torre de Maroxo será xestionado por colonos –logo chamados caseiros- e imporase o sistema das medias, metade do produto para o amo, metade para o caseiro.

Os últimos caseiros; Visitación Vilar Casal, o seu marido Manuel Vázquez Sánchez e familia abandonaron o Pazo da Torre nos anos 80 de século XX por orde dos descendentes de Álvarez Mir Barreiro.
Os caseiros pagaban as medias e o dezmo aos Barreiro na Casa Bieite de Boimorto. Nos últimos decenios os descendentes dos Álvarez Mir Barreiro, últimos sucesores dos Barreiro, non aparecían por Maroxo para nada.
Porta principal da Casa da Torre

Enfronte do Pazo da Torre estaba a Capelade San Xosé. Posiblemente dunha época anterior ao  Pazo. A principios do XX foi derrubada para construír a escola de Maroxo que é o edificio abandonado que se conserva hoxe en día. Durante a demolición da Capela de San Xosé leváronse sepulturas para o Pazo da Torre que foron vendidas a un marchante de arte sobre os anos 70[31].

A Casa de Baltasar e os escudos de armas


Os escudos de armas son o distintivo da importancia nobiliaria dunha saga familiar. A partir do século XVII, seguindo a moda francesa e coa expansión da fidalguía nas comarcas galegas, fanse imprescindibles en todo pazo ou casa grande que se prece.
Casa Grande de Cimadevila ou Casa de Baltasar

En Maroxo de Abaixo, a carón do Pazo da Torre, atópase a Casa Grande de Cimadevila ou Casa de Baltasar (máis antiga ca o pazo), ten un brasón cos cinco escudos de armas das familias nobiliarias que fundaron a Casa de Maroxo. É unha mostra en pedra da historia de Maroxo que acabamos de indagar e das liñaxes nobiliarias que camparon nela a partir do século XIV.
Blasón da Casa de Maroxo na fachada principal da
Casa Grande de Cimadevila

Hai que resaltar que as cinco liñaxes reveladas no brasón  son orixinarias do Reino de Galicia e pertencen á nobreza galega máis antiga e poderosa. Son liñaxes que teñen a súa orixe sobre os séculos XI-XIII. O brasón do século XVII presenta de esquerda a dereita e de arriba abaixo;
1. A bola e o año dos Bolaño. 2. As cinco pombas dos Seixas. 3. O xaquelado de tres e cinco ordes dos Ulloa. 4. As cinco varas postas en barra acompañadas de dúas flores de lis arriba e roda de Santa Catalina e flor de lis abaixo, rodeadas da cadea dos  Varela da Casa de Quindimil. 5. A cruz flordelisada cargada de cinco vieiras dos Ribadeneira que fai de divisoria para o resto dos escudos.

A Casa de Baltasar debe o seu nome a Balthasar Varela[32], propietario do inmoble entre os anos 1720-1755.  É moi posible que fose un descendente da saga das Seixas, Martínez Barbeito no seu caótico traballo sobre a Casa de Maroxo[33], cita a Isabel Jaspe Labora e o seu esposo Sebastián Varela Flores coma herdeiros da Casa da Torre de Maroxo, dato errado que poida que nos poña sobre a pista duns herdeiros dos Seixas que, neste caso, é probable que recibisen nas partillas a Casa de Baltasar  aló polo século XVII.
Porta principal da Casa de Baltasar

Segundo veciños de Maroxo, hai moitos anos o escudo foi recollido unha noite do seu lugar orixinal, o Pazo da Torre, e colocado na Casa de Baltasar , se isto foi así, tivo que ser antes  de que a familia Agra -actual propietaria- se mudara dende a Casa de Socorro na Xunqueira de Maroxo de Abaixo á Casa de Baltasar por doazón dun parente de segundo grado a principios do XIX[34]. Segundo esta versión está claro que os anteriores propietarios da Casa de Baltasar sentiríanse herdeiros da saga nobiliaria da Casa de Maroxo, ou polo menos con máis dereito dinástico que a familia Barreiro propietaria do Pazo da Torre. Mais Julia Agra da Casa de Baltasar desvelounos que o escudo está no mesmo sitio desde a construción da casa, posiblemente no século XVI ou XVII.
Escudo dos Varela (ao revés) no Pazo do Outeiro, Boente
 Visitación Villar Casal, muller de Manuel Vázquez Sánchez, último caseiro do Pazo da Torre, di que no Pazo da Torre houbo unha torre e que levaron os seus escudos para o Pazo de Bieite en Boimorto.

O que si sabemos a ciencia certa, é que o escudo que se atopa na porta de entrada do Pazo de Bieite é o brasón da Casa da Torre de Ferreiros e que o da Casa de Baltasar é o brasón da antiga Casa de Maroxo.
Os últimos propietarios desta casa son a familia Agra Pardo emparentados coas Casas de Outeiro de Boente (dos Varela), Fonxe e Ferreiros.

Os escudos de armas dos Barreiro

Torre de Ferreiros e Pazo de Bieite


Brasón do Pazo de Biete, orixinal da Torre de Ferreiros
A Casa da Torre de Ferreiros, atópase no lugar da Torre, parroquia de Ferreiros (O Pino), reformada no ano 1779 polo señor de Maroxo, Andrés Barreiro Bolaño de Bieite, hoxe en día está en total abandono, sitúase nas inmediacións do camiño francés de Compostela. Moi probablemente, como no caso da Torre de Maroxo, neste lugar houbo antigamente unha torre medieval.
Brasón de finais do século XVIII que se atopa hoxe en día no Pazo de Bieite (lugar de Bieite, Boimorto) que foi fundado no século XVI polos Boado. Alcanzou o seu esplendor cos Barreiro no século XIX. Esquerda dereita, arriba abaixo;
 1. Peregrino e can dos Romero. 2. Árbore e año dos Piñeiro(posiblemente). 3. Tres varas en barra dosVarela. 4. Cinco pombas dos Seixas. 5. A cruz flordelisada cargada de cinco vieiras dos Ribadeneira fai de divisoria para o resto dos escudos.

Dúas Casas


Brasón Casa das Dúas Casas
O lugar de Dúas Casas (actualmente A Rúa, O Pino) foi unha parada habitual de mercadores, arrieiros e peregrinos na Idade Media, recollido no V Libro do Codice Calixtino polo monxe francés do século XII Aymeri Picaud, era unha aldea ben provista de tabernas como se deduce dunha denuncia interposta en Ourense contra uns homes que foran en tomar aos mercadores e taverneiros d´Arçua e das Duas Casas viinte e hun roçis d´albardas con seus aparellos[35]. Ese florecente negocio foi sen dúbida o xerme do desenrolo da Casa de Dúas Casas. A partir de mediados do século XIX Dúas Casas trocou o seu nome polo de A Rúa[36]. Atópase a un quilómetro do Pedrouzo (O Pino).

Brasón do século XVIII-XIX. Esquerda dereita, arriba abaixo;
1. Cinco flores de lis dos Varela ou Deza. 2. Aguia dos Aguiar. 3. Tres pombas dos Seixas. 4. Tres troitas dos Gaioso. 5. Escudo central dos Varela ou Barreiro. 6. A cruz flordelisada dos Ribadeneira fai de divisoria para o resto dos escudos.

Fidalguía, os Borbóns, caciquismo e o primeiro catastro de Maroxo


Logo da Revolución Irmandiña a nobreza galega entendera que tiña que ceder aos labregos propiedades e dereitos comunais para evitar próximas revoltas. Os señores de Maroxo aforan as terras para traballalas pero a cambio do pago anual do vasalaxe que veremos máis adiante, a maioría dos casais e montes comunais converteranse en bens dos campesiños. 

Pazo de Bieite

As propiedades da antiga vila medieval de Maroxo que aínda se reflexa na copia da partilla de Luis Seixas do 1526; todas las casas y heredades que se dizen de Marojo[37]foron volvendo ás mans  dos seus lexítimos propietarios; os labregos de Maroxo.
Casa de Dúas Casas

A partir do século XVII comeza o lento proceso de toma de control das terras por parte da pequena nobreza galega e pouco a pouco deixan as armaduras polas plumas, abandonan o seu espírito eminentemente guerreiro para facerse cos cargos máis importantes da administración pública ( Fernando Varela das Seixas, Andrés Montero Villar eAndrés Barreiro Bolaño de Bieite, señores da Casa de Maroxo, serán un bo exemplo) para controlar os fíos de poder da Galicia rural.

Batalla de Rande
Dende logo, tamén accederan a postos de relevancia no exército; temos a nova de que en 1702, Luis Vazquez Varela, natural de Santa María de Maroxo (seguramente da saga da Casa de Baltasar), foi alistado entre os nobres, para acudir á defensa de Vigo na sonada Batalla de Rande (a frota anglo-holandesa contra a franco-española).[38]

Asalto final das tropas borbónicas sobre Barcelona
Este episodio dáse dentro da Guerra Civil española de 1701 – 1714 entre a Coroa Aragonesa e o Principado de Catalunya que apoiadas por Inglaterra e Holanda avogaban polo Archiduque austriaco Carlos coma sucesor do reino español contra as Coroas de Castela e Navarra con Francia coma aliada que apoiaban a Felipe V, o primeiro Borbón español. Este farase coa coroa logo de encarnizadas batallas. Establécese a implantación do estado absolutista borbón importado de Francia sobre todos os reinos de España e imporá unha forte represión en Cataluña, retirará os foros aos diferentes reinos de España excepto a Euskadi e Navarra, centralizará o estado no Consejo de Castilla e aplicará unha importante suba de impostos.

Familia Felipe V en 1723
Aquela suba de impostos tivo repercusión en toda a península e en 1722, Andrés Montero, señor da Casa de Maroxo, como procurador da Audiencia da Coruña, presenta preito contra o Alcalde Maior dos estados de Altamira e Silvestre do Mato (Alcalde maior e xuíz escribán de Boente) en representación dos veciños de Maroxo en contra da abusiva subida de impostos e o intento de gravar de novo as estivadas do monte comunal (ver Conde de Altamira nesta entrada). Andrés Montero exerce de cacique bo e ao mesmo tempo defende os seus intereses económicos. Cantos máis impostos aos seus colonos e aforados menos recursos para el.
Casa da Torre de Ferreiros. Fachada sur onde estaba o brasón dos Barreiro
Sobre o 1840, temos outro cabaleiro dedicado ás armas, Fernando Barreiro, Tenente Coronel do Reximento Provincial de Mondoñedo, que foi señor dos Pazos de Maroxo, Sada, Vieite, Torre de Ferreiros e Dúas Casas.[39]
Marqués de la Ensenada

O 28 de marzo de 1753 (cando o primeiro dos Barreiro residía no Pazo da Torre) cáense por Beigondo os escribáns do Marqués da Ensenada coa intención de recoller variada información económica sobre as parroquias de Beigondo, Maroxo e o Coto de Ribadiso pertencentes á Xurisdición de Boente para o primeiroCatastro do reino. Entre outros están presentes Alberto Vermúdez, cura de Maroxo e Andrés Tojo, o seu mayordomo pedaneo(alcalde pedáneo). 

Neste importantísimo documento recóllese que estas parroquias pertencen ao Señorío do Conde de Altamira, que os veciños de Maroxo pagan ao Conde de Altamira en razón de vasalaxe; cada veciño que fai lume catro marabedís cada ano e as viúvas dous marabedís cada unha. Pagan tamén por ano alutuosa; por cada veciño que morre seis reais e vinte catro marabedís. Tamén pagan o vasalaxe e a lutuosa por número de veciños e viúvas; o vasalaxe cada trienio importa dezaoito maravedies, a lutuosaa regulan cada quinquenio por vinte e catro maravedies e un vellón cada ano[40]. A estas cantidades había que engadir os pagos en especies que cada labrego sen terras en propiedade tiña que aboar aos señores de Maroxo polo aforamento das terras.
Millo miúdo ou paínzo

A Casa da Torre de Maroxo foi construída nos anos que o millo traído de América está espallándose pola comarca. En 1634 xa se pagaba con millo moitas das rendas ao Mosteiro de Sobrado dos Monxes. A pataca, en cambio non foi introducida ata finais do século XVIII.

Segundo o catastro do Marqués da Ensenada – que non fala de trigo nin de pataca- as terras de Maroxo eran de primeira calidade, de secaño e regadío, daban dúas colleitas ao ano, abundaban os soutos de castiñeiros e as devesas de carballos, aproveitábase o que a natureza ofrecía no monte, abundaban, tamén, as pereiras, as maceiras, algunhas cerdeiras e viño para o regalo dos seus donos. Sementaban centeo, nabos, millo, fabas, cabaza, xudías, liño e aínda se cultivaba o millo miúdo ou paínzo que se alternaba ao ano seguinte co cultivo de centeo.
Hai que apuntar que neste documento o topónimo vén recollido coa grafía galega Maroxo e coa españolizada Marojo dalgúns documentos notariais da época. Nun documento de compra-venda de 1644 tamén se cita coma Maroxo[41].

A fidalguía galega a partir do 1763 consegue que os foros sexan permanentes, acadando así a complicidade do campesiñado galego. Mais a produción non se reinviste en progreso nin xera riqueza. Son os anos do Absolutismo do Antigo Réxime español que afundirá no atraso social e económico o campo galego.
Comeza a longa era do caciquismo que espreme o traballo do labrego co afán de pasar o señor unha vida regalada sen ningún atranco.

Carlismo e ata hoxe

Entre os anos 1834-1839 o carlismo (movemento político promovido por Carlos, tío de Isabel II de Borbón)  asolou as terras da Ulla, (ver Carlismo nas terras do Ulla neste blog), as atrocidades das partidas de faciosos eran temidas por todas as parroquias da comarca de Arzúa, Urbana Agra da Casa de Baltasar recorda os relatos desas aberracións en boca da súa avoa, contaba que no Escalleiro, en Maroxo de Abaixo, había unha casa onde se acubillaban as partidas carlistas. Os carlistas, logo chamados tradicionalistas ou requetés que en masa sumáronse ao golpe de estado do Xeneral Franco,tiveron certa influencia na comarca de Arzúa.
Caricatura século XIX

Ánxel Casal, fillo de Manuel Casal natural  de
 Pela, Vilantime onde foi detido
Máis recente están na triste memoria colectiva os asasinatos cometidos no 1936 -logo do golpe de estado do Xeneral Franco- pola banda de franquistas e falanxistas de Arzúa de dous irmáns da veciña parroquia de Beigondo, Fernando e Manuel Mouriño Rial  a plena luz do día e diante da súa familia. Ou a detención en Pela (Vilantime) do editor da revista Nós e Alcalde de Santiago de Compostela, Anxel Casal logo paseado en Cacheiras (Teo). Ou a detención e posterior asasinato de Juan Manuel Vidalindustrial, colaborador na construción de escolas de varias parroquias arzuás e Alcalde de Arzúa en temposda República.[42]
Todos eles asasinados polas súas inquietudes sociais e ideas políticas.

A construción do Encoro de Portodemouros entre os anos 1964-1967 foi a última convulsión social que organizou aos veciños de Maroxo na defensa das súas terras e
Obra homenaxe a Juan Vidal 
camiños. Sete pontes sobre o río Ulla quedaran asulagadas. A morte en 1972 de 5 mozos que volvían en barca dunha romaría atizou as protestas, que levaron a veciñas e veciños a encerrarse na central eléctrica. Coas protestas conseguiron certas melloras comunais e individuais, a barcaza que une as terras de Loño (Vila de Cruces) e Beigondo (Santiso) no 1975 foi unha delas.


Logo dos anos escuros da ditadura, a liberdade recobrou a luz.
Hoxe en día Maroxo, grazas ao tesón dos seus veciños e veciñas, é unha fermosa parroquia modelo en produción de leite ecolóxica e os seus derivados. 
Só falta que a pita e os seus pitiños de ouro poidan saír algún día da maltratada Cova de Tremedal.

Nomes de veciñas e veciños de Maroxo s. XV-XVIII

Seguidamente expoñemos os nomes das veciñas e veciños que atopamos ao longo do estudio de diferentes documentos dos anos 1526, 1588, 1644,1755 e 1775.
Blas do Porto, Manuel Panadeiro, Alberto Vermúdez (cura), Andrés Tojo (pedaneo),  Ana da Cal, Miguel López, Juan Vidal da Cal, Andrés Souto, Domingo Sánchez, Andrés Foxo, Francisco Bolaño (colono Pazo da Torre), Bernarda do Mato, Andrés Villar, Don Benito Varela, Luis Varela, Balthasar Varela (Casa Baltasar) y sus consortes, Andrés Carreygal, Juan de Andrade, Antonio de Andrade, Don Diego Bolaño (Souto da Cal), Domingo Concheiro, Lorenzo Sánchez, Domingo Álvarez (Souto da Cal), Bernando Marín, Andrés Fandiño, Juan Vázquez, Cathalina Gill, Pedro Asorey, Bartholomé Asorey, Thome de Villar, Andrés da Cal, Amaro Gago e Pedro González da Cal.

As copias por duplicado dos documentos da Casa de Maroxo de onde se extraeu a información para este traballo atópase aloxada na aplicación Drive da Nosa Historia 

Agradecementos:                                


* Á Casa do Xordo do Souto da Cal, Maroxo, xa que sen a súa inestimable axuda este traballo non podería botar andar.
* A Urbana e Julia Agra Pardo da Casa de Baltasar ou Pazo de Agra, Maroxo.
* A Visitación Vilar Casal muller de Manuel Vázquez Sánchez, o último caseiro da Casa da Torre de     Maroxo e María Vázquez Villar, a súa filla.
* A Ramón Bascoi do San Migueliño, Maroxo.
* A David Mato do Ventorrillo, Viñós.
* Á Casa de José Conde, muiñeiro da Fonte Santa, Viñós.
* A Denís Bermúdez Delgado, Arzúa.

E para rematar un verso popular recollido da voz de Urbana Agra da Casa de Baltasar:

O muíño de Batán bota a fariña por riba
O que boas mozas queira que suba por Maroxo arriba

O Muíño de Batán estaba na Ponte das Táboas.

Ata sempre e bo proveito

Autor: Celso Alberte Magariños Costas

Bibliografía

·         BUJÁN RODRÍGUEZ, M.M. Catálogo Archivístico del Monasterio de San Payo de Ante-Altares, Consorcio de Santiago, Santiago de Compostela, 1996.
·         LUCAS ÁLVAREZ, M. El archivo del Monasterio de San Martiño de Fora o Pinario de Santiago de Compostela. Tomo I. Ediciós do Castro, Sada, 1999.
·         LUCAS ÁLVAREZ, M. Tumbo A de la Catedral de Santiago, Edita Seminario de Estudos Galegos, Santiago de Compostela, 1998.
·         FERREIRA PRIEGUE, E. :Los caminos medievales de Galicia. Boletín Auriense, Ourense, 1988.
·         DURANY CASTRILLO, M. e RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, M. C. El obispado de Astorga en el primer tercio del siglo XI: de Jimeno a Sampiro. SEMATA, Ciencias sociales y humanidades, vol.15, pax. 187-222. USC. Santiago de Compostela, 2003.
·         LOSCERTALES DE G. DE VALDEAVELLANO, P. Los tumbos del Monasterio de Sobrado de los Monjes. Tomos I e II. Ministerio de Educación y Ciencia, Madrid, 1976.
·         MARQUÉS DE LA ENSENADA. Catastro del Marqués de la Ensenada, Madrid 1753. 
·         LÓPEZ ALSINA, F. La ciudad de Santiago de Compostela en la Alta Edad Media, Consorcio de Santiago – USC, Compostela, 2013.
·         VASCO DE APONTE. Recuento de las casas antiguas del Reino de Galicia, Consellería de Presidencia, Xunta de Galicia, Vigo, 1986.
·         CRESPO POZO, J.S. Blasones y Linajes de Galicia, Editorial de los Bibliófilos Gallegos, Santiago de Compostela, 1957.
·         VARIOS. Enciclopedia Galicia. Heráldica, Xenealoxía e Nobiliaria, Tomo LVI e LVII, Hércules de Ediciones, A Coruña.
·         VARIOS. Terra de Melide, Edicios do Castro, Sada, 1978.
·         MARTÍNEZ BARBEITO, C. Torres, pazos y linajes de la provincia de A Coruña, Ediciones Everest, León, 1986.
·         RODRÍGUEZ PALMEIRO, I. A hombros de gigantes. La Casa de Bascuas y su relación con la vieja nobleza medieval de Galicia (siglos XV-XVI), Fundación Española de Historia Moderna, Madrid , 2016. http://digital.csic.es/bitstream/10261/133570/1/III%20Encuentro%20J.Investigadores_Valladolid_2015_pp.55-64_Rodr%C3%ADguez_Palmeiro.pdf
·         PRESEDO GARAZO, P. A fidalguía galega, Edicións Lóstrego, Obre (Noia), 2008.
·         SAAVEDRA FERNÁNDEZ, P. Das casas de morada ó monte comunal, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela, 1996.
·         PÉREZ COSTANTI, P. Linajes Galicianos 1596, Consorcio de Santiago, Santiago de Compostela, 1998.
·         HERMIDA RODRÍGUEZ, A. Escorzo mellinense de la Casa de Altamira, Boletín do Museo Terra de Melide nº 2, Melide 1983.
·         HERMIDA RODRÍGUEZ, A. Los Ulloa y Mellid. Siglo XV, Boletín do Museo Terra de Melide nº 1, Melide 1982.
·         LÓPEZ FERREIRO, A. O Castelo de Pambre, Editorial Xuntanza, Laracha, 1990.
·         VÁZQUEZ VARELA, J. M. e GARCÍA QUINTELA, M. V. A vida cotiá na Galicia castrexa, USC, Santiago de Compostela, 1998.
·         RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, A. Las fortalezas de la Mitra Compostelana y los Irmandiños, Fundación Barrie de la Maza e Instituto P. Sarmiento de Estudios Gallegos, Santiago de Compostela, 1984.
·         ARIAS VILAS, FELIPE. A romanización de Galicia. Edicións A Nosa Terra, Vigo, 1992.
·         BERNÁNDEZ VILAR, X. O comezo da nosa Idade Media, Editorial Toxosoutos, Noia, 2003.
·         PENA GRAÑA, A. Cátedra 21. Revista eumesa de estudios, pax. 91-156. Pontedeume, 2014.http://catedra.pontedeume.es/21/catedra2104.pdf
·         RODRÍGUEZ RESINO, A. Do Imperio Romano á Alta Idade Media, Editorial Toxosoutos, Noia, 2005.
·         DÍAZ MARTÍNEZ, P.C. El reino suevo (411-585), Editorial Akal, Madrid, 2011.
·         LÓPEZ TEIXEIRA, X. A. A formación do Reino de Galiza (710-910), Editorial Toxosoutos, Obre (Noia), 2010.
·         LÓPEZ CARREIRA, A. O reino medieval de Galicia, Edicións A Nosa Terra, Vigo, 2005.
·         LÓPEZ CARREIRA, A. Irmandiños. Textos, documentos e bibliografía. A Nosa Terra, Vigo, 1991.
·         PALLARES MÉNDEZ, M.C. e PORTELA SILVA, E. De la villa del siglo IX a la aldea del siglo XIII. Espacio agrario y feudalización en Galicia. Revista Asturiensia medievalia nº8, pax. 47-69. Oviedo, 1996.https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=134092
·         PALLARES MÉNDEZ, M.C. e PORTELA SILVA, E. La villa por dentro. Testimonios galaicos de los siglos X y XI. Revista Studia Histórica. Historia Medieval Vol. 16, Universidad de Salamanca, Salamanca, 1998.http://revistas.usal.es/index.php/Studia_H_Historia_Medieval/article/view/4452
·         VILLARES PAZ, R. La propiedad de la tierra en Galicia (1500-1936), Siglo XXI Editores, Madrid, 1998.
·         BALIÑAS PÉREZ, C. Gallegos del año mil, Fundación Barrie de la Maza, A Coruña, 1998.
·         MACHADO, J.P. Dicionário Etimológico da Língua Portuguesa, Livros Horizonte, Lisboa, 1977.
·         DIETER KREMER. Onomástica galega II, Anuario galego de Filoloxía, USC, Santiago de Compostela, 2009.
·         BOULLÓN AGRELO, A. I. Antroponímia Medieval Galega SS. VIII-XII, Editorial Mouton de Gruyter, Berlín, 2017.
·         ENRIQUE FLOREZ, Tomo 19, España Sagrada, Madrid, 17702-1773.
·         VARIOS, Tomo XIII, Diccionario de las ciencias médicas, por una sociedad de los más célebres profesores de Europa, traducido al castellano por varios facultativos de esta corte, Imprenta de Mateo Repullés, Madrid, 1823.
·         CASTIÑEIRAS, M.A. Os traballos e os días na Galicia Medieval, USC, Compostela, 1995.
·         LANERO TÁBOAS, D. Os remendos da memoria. A represión franquista no concello de Arzúa (1936-1950), Concello de Arzúa, Santiago de Compostela, 2006.
·         LANERO TÁBOAS, D. Unha ollada á represión franquista en Galicia: Motivacións e extracción social dos represores. O caso de Arzúa.https://minerva.usc.es/xmlui/bitstream/handle/10347/4547/pg_221-240_semata19.pdf;jsessionid=0755998550513592EC233066FFFE5201?sequence=1
·         CONCELLO DE ARZÚA. Catálogo de patrimonio arqueolóxico e histórico do PXOUM, 2006.
·         FONDO DOCUMENTAL PAZO DE BIEITE. Arquivo do Reino de Galicia, A Coruña. 2011. As copias dos Documentos da Casa de Maroxo están aloxados en:
https://drive.google.com/open?id=15xnVDH5aidwBx_je91RPGTVN7HW5Kjjt   
·         INFORMACIÓN SOBRE TOPÓNIMOS SUEVOS:
·         http://frornarea.blogspot.com/ 
·         INFORMACIÓN SOBRE A NOBREZA DO CONDADO DE AVEANCOS: http://museodaterrademelide.blogspot.com/p/boletins.html
               http://arquivosdegalicia.xunta.gal/portal/arquivo-do-reino-de-galicia/index.html



[1] Pax. 35. O Castelo de Pambre
[2] Pax. 25. Recuento ….
[3] Pax. 410. O Reino Medieval de Galicia.
[4] Pax. 2. Los Ulloa y Mellid, Boletín do Museo Terras de Melide nº1, 1982.
[5] Los Ulloa y Mellid, Boletín do Museo Terras de Melide nº1, 1982.
[6] Pax. 77. Os Irmandiños. Textos, documentos, bibliografía.
[7] Primeiro Conde de Monterrei no ano 1515https://gl.wikipedia.org/wiki/Condado_de_Monterrei
[9] Pax. 4 e ss. Escorzo Mellinense de la Casa de Altamira
[10] Pax. 6. Escorzo Mellinense de la Casa de Altamira. Boletín do Museo de Melide nº 2, 1983.
[11] Casa Bieite, Arquivo do Reino de Galicia, Caixa 26360-9
[12] Pax. 376. Enciclopedia Galicia. Heráldica, Xenealoxía e Nobiliaria, Tomo LVII
[13]Copia das partillas de Luís Seixas. Casa Bieite, Arquivo do Reino de Galicia, Caixa 24-12 - 2
[14]Copia das partillas de Luís Seixas. Casa Bieite, Arquivo do Reino de Galicia, Caixa 24-12 – 2.
[15] Pax. 62. A hombros de gigantes. La Casa de Bascuas y su relación con la vieja nobleza medieval de Galicia(siglos XV-XVI).
[16] Documento de dote de Isabel das Seixas. Casa Bieite. Arquivo do Reino de Galicia. Caixa 45.50-1.
[17] Creación do Vínculo da Casa de Maroxo. Casa Bieite. Arquivo do Reino de Galicia, Caixa 5-5 – 1.
[18] Pax. 487.Tomo XVII, Galicia. Heráldica, Xenealoxía e Nobiliaria.
[19] Pax. 603-604 Torres, pazos y linajes de la provincia de A Coruña
[20] Documento de dote de Isabel das Seixas. Casa Bieite. Arquivo do Reino de Galicia. Caixa 45.50-1.
[21]  Vínculo: Figura xurídica que institúe o morgado en Galicia. Non permite aos herdeiros por orde de descendencia vender, traspasar ou hipotecar as propiedades do morgado creado.
[22] Creación do Vínculo da Casa de Maroxo. Casa Bieite. Arquivo do Reino de Galicia, Caixa 5-5 - 1
[23] Creación do Vínculo da Casa de Maroxo. Casa Bieite. Arquivo do Reino de Galicia, Caixa 5-5 - 1
 23 Segundo documento do ano 1755 sobre o vínculo da Casa de Maroxo. Arquivo do Reino de Galicia. Caixa 5-5 – 1.
[25] Copia de documento 1718 de agregación de propiedades á Casa de Maroxo. Casa Bieite. Arquivo do Reino de Galicia. Caixa 45-48-1.
[26] Segundo documento do ano 1755 sobre o vínculo da Casa de Maroxo. Arquivo do Reino de Galicia. Caixa 5-5 – 1.
[27] Copia de documento 1718 de agregación de propiedades á Casa de Maroxo. Casa Bieite. Arquivo do Reino de Galicia. Caixa 45-48-1.
[28] Copia das partillas de Luís Seixas, Casa Bieite, Arquivo do Reino de Galicia. Caixa 24-12 - 2
[29]Copia das partillas de Luís Seixas, Casa Bieite, Arquivo do Reino de Galicia. Caixa 24-12 - 2
[31] Información aportada por María Vázquez filla do último caseiro do Pazo da Torre
[32] Segundo documento do ano 1755 sobre o vínculo da Casa de Maroxo. Arquivo do Reino de Galicia, Caixa 5-5 – 1.
[33] Pax. 602 e ss. Torres, pazos y linajes de la provincia de A Coruña.
[34] Segundo información de Julia Agra.
[35] Pax. 124. Los caminos medievales de Galicia
[36]… en el nominado de la Rúa o Villa de Dúas Casas... Extraído de documento do 1840. Dep.10 Caixa 1-34. Casa de Bieite, Arquivo do Reino de Galicia.
[37]Copia das partillas de Luís Seixas. Casa Bieite, Arquivo do Reino de Galicia, código dereferencia: Caixa 24-12 - 2
[38] Pax. 130. Linajes Galicianos.
[39] Caixa 1-34. Casa de Bieite, Arquivo do Reino de Galicia.       
[40] Catastro del Marqués de la Ensenada http://pares.mcu.es/Catastro/ 
[41] Documento de rectificación de compra-venda de Ana da Cal ao primeiro señor de Maroxo, Pedro de Bolaño, de varios bens en Maroxo. Casa Vieite, Arquivo do Reino de Galicia. Caixa 23-14-1
[42] Pax. 230-232 Unha nova ollada á represión franquista en Galicia https://minerva.usc.es/xmlui/bitstream/handle/10347/4547/pg_221-240_semata19.pdf;jsessionid=0755998550513592EC233066FFFE5201?sequence=1

Viewing all 63 articles
Browse latest View live