Cabeza cortada de Armea |
Samain é a festa do fin de ano celta, é a festividade do comezo do inverno, a asemblea principal dos guerreiros, o día do ano en que as portas do Máis Alá están despechadas, os mortos poden visitar a vida e os vivos quedar prendidos na morte.
Samain ven da raíz céltica sam que significa; reunión, xunta de xentes, asemblea. É a mesma raiz que o irlandés Samhain, o galo Samonios, que o noso Samanos, ubimonasterium e Santi Iuliani, o Mosteiro de Samos (Lugo) segundo documento do ano 853. [1]
Esta festa, ata hai pouco, tiña ese verniz pillabán de meter medo nas noites de defuntos coas cabazas acesas.
Por iso nós festexamos o Samaín, nin Ghalopín, nin Halloween.