No século VI, o Papa Gregorio Magno recomendaba: “ Non suprimades os festíns que celebran aquelas xentes nos sacrificios que ofrecen aos seus deuses; trasladalos ao día das festas dos santos mártires, co fin de que , conservando algunhas groserías , alegrías da idolatría, se predispoñan máis doadamente a gustar das ledicias espirituais da fe cristiá .”
![]() |
Igrexa de Santiago e Bembrive, Vigo |
Polo tanto ante as alegrías da idolatría, tapábase o nariz con tal de achegar os indíxenas galegos á relixión católica. O arte románico galego, sobre todo o rural, é un exemplo (moi pouco estudado, todo hai que dicilo) de extraordinaria adaptación dos símbolos, ritos e costumes da relixión pagá á nova cristiá, as rosetas, os trisqueles, as rodas solares, as árbores da vida ,.. abondan nas igrexas rurais, tamén as cruces célticas nos cumios das nosas igrexas e capelas.
Balboa na súa obra sobre a Raíña Lupa demostra a pervivencia de tradicións de sabor romano-castrexo no relato da Translación do Corpo do Santiago incluído no Codice Calixtino de mediados do século XII. A Igrexa, a estas alturas, aínda tenta convencer aos galegos de que as súas ancestrais costumes están obsoletas, e son vencidas pola presenza do Corpo Santo(1) .
Igrexa de Taboada dos Freires, Taboada (Lugo). Sansón desqueixando un león á esquerda cruz templaria |
E neste labor, cistercienses e templarios, poñen mans á obra. No anterior artigo diciamos das boas relacións do Cister co Temple, non é nada estraño, San Bernardo -igual que os 9 fundadores do Temple- é da rexión da Champaña (antigo territorio da tribu gala dos remi(2)), é primo de Hugo de Payns o primeiro Mestre do Temple e cofundador do mesmo(3) . As relacíóns entre ambas ordes é tan estreita que no xuramento de toma de posesión dos Mestres templarios en Portugal (séculos XII-XIII) estipúlase:
![]() |
Cruces patadas templarias e árbores da vida en tímpano de San Salvador de Sarria |
Poderíase dicir que a Orde do Temple é a rama militar do Cister.
![]() |
Cabeza castrexa San Pedro de Trasalba. Amoeiro (Ourense) |
En San Pedro de Trasalba, parroquia de Amoeiro (Ourense) que fora encomenda do Temple, asoma dos muros da igrexa unha cabeza cortada castrexa reutilizada para a ocasión.
No mesmo concello, atopamos pedras labradas castrexas nas capelas San Xiao de Fonfría (San Xiao coma santo hospitaleiro do que eran devotos os templarios(7) aparecerá moitas veces de guía dos peregrinos e das almas). e na de Formigueiro. O cruce de vías romanas que se produce no concello de Amoeiro é coñecido dende antigo e está ben documentado, entre outras razóns, pola aparición de varias aras dedicadas aos Lares Viales(5).
![]() |
Cabezas cortadas en San Xiao de Moraime |
Máis curiosa é a Igrexa de San Salvador Sarria, onde asoma entre as arquivoltas, debaixo do tímpano, unha cabeza cortada. No tímpano, un Pantocrátor entre árbores da vida e cruces patadas templarias.
![]() |
Cabeza cortada en San Salvador de Sarria |
Máis nada, coidado co Ghalopín, feliz Samaín e ánimo que o San Martiño e o Magosto xa están aí.
Ata sempre e bo proveito. anosahistoria1@gmail.com
Continúa en;
http://anosahistoria.blogspot.com.es/2011/10/cabezas-cortadas-tradicion-continua.html
(1) A Raíña Lupa.
(2) Nas súas moedas de ouro, destacan a roda solar e o cabalo.
(3) Pax. 59. Breve historia de la Orden del Temple.
(4) Pax 267 Rubicón.
(5) http://www.usc.es/gl/investigacion/proxectos/amoeiro/
(6) http://www.estudioshistoricos.com/articulo/cpm/cpm_03.htm
(7) [1] Pax 197. Breve historia de la Orden del temple.
Bibliografía
BALBOA SALGADO, A. A raíña Lupa: as orixes pagás de Santiago. Lóstrego, Santiago 2005.
CORRAL, J.L. Breve historia del Orden del Temple. Edhasa, Barcelona, 2006
LEMA MOUZO, R. El camino secreto de Santiago, Edaf, Madrid, 2007
PEREIRA MARTINEZ, C. Anuario Brigantino, nº 23
PEREIRA MARTINEZ, C. Anuario Brigantino, nº 28
PEREIRA MARTINEZ, C. http://www.estudioshistoricos.com/revista/nalgures2.pdf
PEREIRA MARTÍNEZ, C. Os templarios. Artigos e ensaios. Noia, Toxosoutos, 2000.
HOLLAND, T. Rubicón: auge y caída de la República Romana,Planeta, Barcelona, 2005