![]() |
Ponte romana da Baxe en Segade (Caldas de Reis) |
No seu interese por crear unha rede de comunicación que vertebrara a rica (ouro e estaño, sobre todo) e indómita Gallaecia, os romanos construíron, nos primeiros anos da conquista, a Via XIX ( de Bracara Augusta, a actual Braga, a Asturica Augusta, Astorga). Varias mansións facían de centros de avituallamento e núcleos de control da administración imperial romana, entre elas algúns núcleos de poboación recoñecibles hoxe en día; Bracara Augusta (Braga, Portugal), Tude(Tui), Aquis Celenis (Caldas de Reis), Iria Flavia, Lucus Augusti (Lugo)…
![]() |
Torre da Raíña Urraca en Caldas de Reis |
Na Alta Idade Media, a Vía XIX, en boa parte do seu trazado, converterase nos dous principais camiños de acceso a Compostela; o Camiño Primitivo dende Lugo e o Camiño Portugués dende Braga. Restos desta Via XIX atopáronse no Lombo da Maceira antes de chegar á capela de San Amaro (Concello de Barro) no Camiño Portugués. As pontes romanas do río Bermaña e a da Baxe (as dúas do século I) en Caldas de Reis son tamén parte da Vía XIX. Unha dedicatoria aos Lares Viales (deuses dos camiños galaicos-romanos) foi atopada tamén en Caldas.
En Caldas de Reis os romanos construíron a mansión de Aqvis Celenis, este nome vén dado polas augas sulfuradas cloruro-sódicas hipertermais (seica indicadas para afeccións respiratorias, dermatolóxicas, reumatismos e de relaxación) dos dous mananciais que brotan aos pes do río Umia que se atopaban no territorio castrexo dos cilenos.
![]() |
Fonte das Burgas, no seu entorno apareceron as aras adicadas ao Deus Edovio |
No entorno do manancial da ribeira norte do río, na Fonte das Burgas, apareceron dúas aras dedicadas ao deus Edovio (unha delas en paradoiro descoñecido), deus que adoraba a treba castrexa dos cilenos. Os romanos sabedores tamén das propiedades destas augas, estableceron a súa mansión a carón delas.
Co paso dos anos a nobreza galaica continuará beneficiándose da posición estratéxica e termal da vila de Caldas, as saudables augas do deus Edovio atraerán á raiña Urraca…
A poucos metros deste manancial atopábase a torre(derrubada no s. XIX para construír a igrexa do Sto. Tomé) da Raíña Dona Urraca, nai de Afonso VII o Emperador, nado en Caldas de Reis no 1105 (de aí o nome de Caldas, polas augas termais, e Reis, por ser vila de nacemento de Afonso VII) que con 7 anos foi consagrado e proclamado Rei de Galicia na catedral de Santiago de Compostela polo Arcebispo Xelmírez e por Pedro Froilaz, Conde de Trava, no 1111, o fillo deste, Fernando Pérez de Traba (o impulsor da Orde do Temple en Galicia) será o preceptor do fillo de Afonso VII, Fernando II rei de Galicia e León que está enterrado no Panteón Real da Catedral de Santiago. Estes persoeiros deixarían a súa pegada nas terras de Caldas;
![]() |
Cruz templaria na fachada oeste de Santa Maria de Caldas |
Antes de chegar a Caldas dende Pontevedra atópase a curiosa igrexa de Santa María de Caldas, edificada para repoñer outra primitiva, seica, destruida por Almanzor. A reconstrucción foi feita por etapas, a máis antigua, de estilo románico, con ábside rectangular e porta principal de finais do s. XII (período durante o que reina Fernando II) con agnus dei (o año ou cordero de deus, ou sexa Cristo) no tímpano, este elemento escultórico é típico das igrexas templarias, así como, as cruces patadas salpicadas pola fachada. No muro interior norte atópanse os restos dun baldaquino oxival gótico do siglo XV, primeira representación en Galicia do descubrimento de América.
Pero volvendo aos signos templarios, a qué se deben?, Javier A. Rey no seu traballo; Los Templarios y el Cabildo de Santiago despexa dúbidas:
Nun Libro de Tenencias da Catedral de Santiago do 1460?[1], aparecen as tenzas que foron da Orde do Temple (a teença dos beens que foron da Ordeen do Tenple) na comarca de Caldas e arredores.
Na zona sur de Caldas de Reis os templarios posuían bens en Portas, Lantaño, Valiñas, Paradela e Romai, un pouco máis ao este continuaban por Arcos da Condesa, Lamas e Laxe, formando unha especie de semicírculo en torno a Caldas, seguindo o curso do Umia[2].
![]() |
Agnus Dei na porta principal de Santa María de Caldas |
Son na súa maioría viñedos, leiras e casais (granxas de freires). O documento fálanos dunhas viñas a cabo da yglesia de Santa María de Caldas: a o freyre do viño desta viña o terço, os templarios levarían a terceira parte do viño, cousa que non estaba mal paga[3], os documentos indican claramente unha notoria actividade vinícola no sur de Caldas e Arcos da Condesa en terras propiedade dos templarios, proba evidente, ademais, da importancia da vila de Caldas na época medieval.
Os templarios eran os monxes armados defensores da cristiandade máis organizados da época, a súa misión fundamental era protexer os lugares santos, Compostela, onde repousaban os restos do Apostolo Sant Iacubus era un deles, o Temple ofrecía acubillo e protección aos peregrinos nos seus casais e igrexas (sobre 25 na comarca de Caldas) que se atopaban nos camiños que levaban a Compostela. A súa infraestructura económica facía deles os productores, comerciantes e banqueiros máis prósperos dos séculos XII e XIII.
Os templarios eran os monxes armados defensores da cristiandade máis organizados da época, a súa misión fundamental era protexer os lugares santos, Compostela, onde repousaban os restos do Apostolo Sant Iacubus era un deles, o Temple ofrecía acubillo e protección aos peregrinos nos seus casais e igrexas (sobre 25 na comarca de Caldas) que se atopaban nos camiños que levaban a Compostela. A súa infraestructura económica facía deles os productores, comerciantes e banqueiros máis prósperos dos séculos XII e XIII.
As cruces templarias e o agnus dei na portada de Santa María de Caldas amosan parte do poder da Orde do Temple na comarca no século XII. E quen sabe?, quizais as negociacións entre o Temple, Afonso VII, Arcebispo Xelmírez e Fernández Pérez de Traba foron trazadas entre os seus muros.
[1]Pax. 759 Los templarios y el Cabildo de Santiago. A tenza do Temple. Las Órdenes Militares en la Península Ibérica, Ediciones de la Universidad de Castilla-La Mancha. Murcia, 2000.
[2]Pax 760. Los templarios y el Cabildo de Santiago. A tenza do Temple. Las Órdenes Militares en la Península Ibérica, Ediciones de la Universidad de Castilla-La Mancha. Murcia, 2000
[3]Pax 762. Los templarios y el Cabildo de Santiago. A tenza do Temple. Las Órdenes Militares en la Península Ibérica, Ediciones de la Universidad de Castilla-La Mancha. Murcia, 2000